Novas por contido

Este luns, 27 de febreiro, ao redor das 13:30 horas, as presidentas da Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galiza facían entrega no rexistro do Parlamento de Galiza da solicitude de retirada do proxecto de lei de medidas no emprego público e a consideración doutras alternativas de aforro. Esta solicitude vai avalada por case 4.000 sinaturas de apoio e está dirixida á Mesa do Parlamento.

A recollida de sinaturas foi unha medida refrendada unanimemente nas diferentes asembleas de traballadores de servizos centrais da Xunta de Galiza que se organizaron en menos de 48h, a nivel local, para poder presentalas antes do día da votación que terá lugar mañá, 28 de febreiro. Tamén colaboraron desde outros puntos do país, como Vigo, Lugo, Ferrol...

Do mesmo xeito, a Xunta de Persoal e Comité de Empresa presentou tamén un escrito a cada un dos grupos parlamentares pedindo a súa intervención para a paralización do proxecto e, subsidiarimente, o seu voto en contra.

Consideracións sobre o proxecto de lei presentadas ao Parlamento pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa

Este proxecto de lei enmárcase dentro das medidas que ten que adoptar a Comunidade Autónoma de Galicia nun contexto de diminución de ingresos nas arcas públicas. Porén, a necesidade de aforro da Administración Pública galega non debe recaer en primeiro lugar nas retribucións e dereitos das traballadoras e traballadores públicos, máxime non tendo querido negociar primeiro o goberno galego á racionalización de gastos noutros capítulos orzamentarios.

As traballadoras e traballadores públicos fixeron xa a súa axuda a este plan de aforro co desconto nas súas retribucións do 5%, coa conxelación indefinida e incondicional dos seus salarios e co aumento da súa cota de IRPF, estimándose unha perda acumulada de capacidade adquisitiva dun 14% non 3 últimos anos.

Por outra banda, na coiuntura actual os poderes públicos deben fomentar e estimular o aumento dos ingresos públicos a través dun plan autonómico de combate do fraude fiscal e o incremento da presión fiscal sobre as rendas máis altas nos impostos de competencia autonómica.

Para maior abondamento, o marco de eficiencia e racionalidade no gasto público non poden chegar a constrinxir as funcións sociais do goberno galego de prestar servizos públicos de calidade, entendo como parte fundamental da  calidade un cadro de persoal suficiente, profesional e  independente que representan os empregados e empregadas públicas da Xunta de Galicia

Por último, este tipo de medidas posúen un marcado carácter antixurídico toda vez que supoñen por unha banda unha vulneración da normativa básica estatal, supoñen a vulneración do actual marco de distribución de competencias e supoñen por ultimo una violación clara das directivas comunitarias europeas en materia de non discriminación por razón da duración do contrato, abrindo unha cantidade importante de frontes xudiciais, que lonxe de supor un aforro ás arcas públicas, terminaran por custarlle cartos as mesmas e por ende un custe engadido a todos os cidadáns galegos.

Galería de fotos

Outras novas recentes

Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Martes, 29 Setembro 2026

Campaña de revisións médicas 2026-2027 en centros de ensino

Prazos de inscrición Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro. Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión. Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o...
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...