Novas por contido

Dende as 14.15 do 27 de febreiro houbo en San Caetano unha asemblea permanente na que comezaron máis de medio centenar de persoas que debateron os documentos que acompañan ao proxecto de lei que foron facilitados polos grupos da oposición; o PP negouse a facilitárnolos, primeiro desde o goberno e despois no Parlamento. Examinando a baixa calidade e o paupérrimo contido destes, entendemos porque non querían facelos públicos.

Os ditos documentos foron: a “memoria” económica, o informe sobre impacto de xénero e o informe da asesoría xurídica. Destes, o que chamou máis a atención da asemblea pola falta de rigor foi o primeiro; palabras ou frases como “estímase”, “dedúcese”, “non hai datos”, “presúmese”, etc. inzaban o texto.

Posteriormente, a asemblea decidiu constituír un grupo de traballo para desmontar este desastre de memoria económica. A inspiración puxérona elementos coma os cartaces de "1988 FEIJOO TAMÉN ESTABA PECHADO" e "NON AO PROXECTO DE LEI FEITO A MEDIDA PARA ACABAR CO EMPREGO PÚBLICO", as exquisitas viandas que achegaron desinteresadamente algúns compañeiros e compañeiras e sobre todo o bo ambiente que foi "in crecendo" entre as persoas que fixemos noite no edificio administrativo (ver foto)

Descargar o Informa da Asembleia permanente

Descargar os cobizados informes

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...