Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de solicitar unha xuntanza coa Secretaría Xeral de Modernización, en relación coa posta en funcionamento da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Nos últimos días, desde a Administración remitiu informacións a diversos medios de prensa sobre os plans para a entrada en vigor desta nova axencia, que podería implicar reorganización e/ou relocalización dos postos de traballo, nomeadamente do persoal de escalas informáticas.

Desde a CIG rexeitamos a total e absoluta falta de información sobre os cambios para o persoal que podería implicar a implantación da AMTEGA, e demandamos a clarificación dos criterios cos que se levaría a cabo, de ser o caso, a reorganización dos postos.

Outras novas recentes

Mércores, 25 Febreiro 2026

Nova reunión a tres en Medio Rural: máis do mesmo para gañar tempo e dividir ao persoal do SPIF

A Consellaría do Medio Rural volve reunir a CCOO, UGT e CSIF nun novo encontro á marxe dunha mesa formal de negociación, deixando fóra á CIG, sindicato maioritario. Non é un feito illado: é unha dinámica repetida que busca dividir ao persoal, crear titulares e gañar tempo sen afrontar unha negociación real. As organizacións que se prestan a este xogo actúan como cobertura...
Mércores, 18 Febreiro 2026

Neste cuadrimestre resolverase o concurso de traslados da Administración xeral

A directora xeral de Emprego Público contestou á pregunta da CIG sobre o prazo para resolver o concurso que afecta a milleiros de persoas empregadas públicas da nosa Administración na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario deste 18/02/2026. Despois de que CCOO informase de que a resolución do concurso se faría a finais de febreiro ou primeiros de marzo, na CIG non contabamos...
Venres, 27 Febreiro 2026

Apertura de listas de substitucións para a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino

No DOG do 27/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a...