Novas por contido

O pasado xoves 15/03/2012 tivo lugar unha segunda xuntanza entre as organizacións sindicais e representantes do FOGGA (Consellería de Medio Rural e do Mar) para tratar a RPT deste organismo.

Desde a CIG achegáronse as seguintes consideracións:

1.- Agradecemos que nesta ocasión desde a Administración se contestasen todas as alegacións presentadas, o que debera ser un exemplo para outras consellerías.

2.- Aclaramos o punto 3 da súa contestación, aínda que o resultado foi bo e parece que entenderon o fondo da apertura a outras administracións, din que o FOGGA ten aberto o 3,64%. A Administración interpreta a nosa alegación como que “Non aceptan a apertura dos postos a persoal doutras Administración Públicas aínda que entenden xustificada a súa apertura en casos concretos”, cando desde a CIG se manifestara na anterior reunión “que só aceptamos a apertura a outras administracións se é con convenio recíproco, en postos base e sen pasar do 5% do total da Xunta”.

3.- Entendemos que en formación o código 020 coñecementos informática nivel usuario (mérito) quedou anticuado. As prazas que tiñan o código 640 para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.), que as revisen, xa que pasaron moitas a ser AXG e seguen tendo o código e xa non sería necesario. Os códigos 676, 677, 869, 979 e 980, son experiencia no traballo que se fai algunha dela de dous anos, nos queremos que se quite e que se utilice a EGAP para formar o persoal, tamén dicimos que o preferimos como mérito e non como requisito imprescindible.

4.- No caso da xefatura de sección de habilitación, que ten como forma de provisión a LD, demandamos que sexa por concurso.

5.- Pedimos que o remanente de 15.918,06 € quede no capitulo I da consellería para futuros gastos de persoal, como pode ser igualar a alza os niveis das seccións ou para algún plus e non se teña que nun futuro amortizar máis prazas.

6.- Sinalamos que unha praza de Titulado/a Grao Medio consta na relación de prazas de Resolución da Consellería de Facenda do 2 de Xullo de 2011, DOG núm. 4 na páxina 424 co código MRC 99100003201150.

Descargar a contestación da Admón. ás alegacións da CIG

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...