Novas por contido

Na xuntanza mantida con relación a este tema, a CIG expuxo as seguintes alegacións:

  • Con esta modificación amortízase tres postos para crear dous e se destrúe emprego neto. Na memoria funcional xustifícano argumentando que son vacantes puras, que os intentaron cubrir en comisión de servizos ou por persoal interino, e non lle foi posible. Preguntamos se tamén o intentaron ofertando as prazas nos sucesivos concursos e actos de elección destino de novo ingreso.

  • Solicitamos as sentenzas. Incluso na memoria funcional poñen que envían unha copia compulsada, que non nos chegou. Preguntamos en que senso van estas sentenzas, dado que desde a Xunta de Persoal de SSCC, solicitamos a todas as consellerías que, se tiñan persoal alleo facendo traballos que corresponden a persoal da Xunta de Galicia, e o secretario xeral desta consellería contestou “que o descoñecía".

  • Non aceptamos a apertura de postos a outras administracións mentres non haxa acordo de reciprocidade, máis cando son postos de nivel, e da impresión que por ser LDs ten que ser obrigatorio abrilos a outras administracións.
  • Aínda que a lei indique que as xefaturas de servizo serán LDs, evidentemente criticamos esta imposición e pedimos que sexan por concurso.

  • Tamén criticamos a “titulitis” que padece este organismo, moitos postos con varias titulacións académicas. En algúns postos piden 2003 (enxeñería agrónoma) 2037 (licenciado en veterinaria) e 3003 (enxeñería técnica agrícola). Vemos coherente para a mesma praza de corpos especiais os códigos 2003 e 3003 pero non o 2037. Se vale calquera titulación, porque non a abren a Xeral/Especial?.

  • Formación específica. Isto xa nos parece unha broma de mal gusto. Máis da metade dos postos con varios requisitos de experiencia en .... ou coñecementos de... Poñemos como exemplo a praza da xefatura de sección que crean; piden 263 (Experiencia en tramitación de recursos/reclamacións), 670 (coñecementos lexislación agropecuaria) 671 (experiencia en informes/proposta resolución) 840 (experiencia en xestión e control de fondos comunitarios (R.I.)) 844 (curso sobre fondos comunitarios) 689 (experiencia na lexislación PAC) 932 (Experiencia en xestión e/ou control de fondos comunitarios). Alegamos que estas experiencias só as ten o que traballe neste posto. É unha praza moi perfilada e pedimos que eliminen a experiencia neste posto, así como en todos os demais, e que utilicen a EGAP para formar o seu persoal.

  • Para a xefatura da sección que crean, a forma de provisión é por LD. Opoñémonos a esta forma de provisión. Os motivos que nos alegan para iso non son argumentos de peso, tanto a confidencialidade como a dependencia do posto, téñeno todos os demais postos similares dese organismo. Alegamos que os postos que pechan nesta modificación de RPT á titulación académica 2003/3003 non ten xustificación.

  • O posto de xefe de área do Servizo de Intervención de Mercado esixe titulación académica 2037, é dicir, veterinaria. Consideramos que tampouco está xustificado.

  • O posto 134, Titulado/a grao medio, do servizo territorial de Ourense, figura no apartado “observacións” coa coletilla de posto sometido á consolidación. Porén, segundo o DOG do 7 de xaneiro de 2011 publicouse resolución de postos de traballo ao proceso de consolidación, tanto de 1ª coma da 2º parte; nesta relación de postos non consta citada, polo que solicitamos explicacións por iso.


A persoa representante da Administración comentou o seguinte:

  • Empezan a votar balóns fóra dicindo que é unha modificación parcial, que é un organismo distinto ao das demáis consellerías polo feito de repartir fondos comunitarios. A xustificación para eles da amortización dos postos é que utilizaron todos os medios o seu alcance para cubrilas e que non lles foi posible, as tomas de posesión de novo é problema de Función Pública.

  • Facilitarannos as sentenzas, van a preguntar pola confidencialidade, se teñen que borrar datos persoais, pero adiantan que en todas elas foi condenada a Administración por cesión ilegal de traballadores; de todos xeitos neste intre di que se reduciron os traballadores que teñen en competencia de xestión (asistencias técnicas).

  • Aseguran que cumpren a normativa vixente respecto as LDs dos servizos, e reitéranse na sección por LD polos motivos que xustificaron decindo que xa é suficiente non abrila a outras administracións, quedando pechado a persoal da Xunta.

  • Estudarán as nosas alegacións e posiblemente abran o abano das titulacións ás prazas que estimen oportunas, así como quitarán algunha da formacións específica tal como experiencia.

  • Estudarán todas as demais alegacións, como a do posto de laboral en Ourense

Outras novas recentes

Venres, 10 Xullo 2026

Modificacións das RPTs do Medio Rural e de Presidencia, Xustiza e Deportes (CP 10/07/2026)

Na modificación da RPT do Medio Rural os postos creados son insuficientes e non prevalece o sistema ordinario de provisión de postos, aínda que se incluíu o posto no acordo do SPIF. Canto á RPT de Presidencia, Xustiza e Deportes, non tiveron en conta o incremeto de media hora en todos os postos de persoal limpador, non aceptaron o aumento do complemento específico dun posto...
Xoves, 02 Xullo 2026

A CIG exixe a Gain que identifique e publique os postos antes da elección de destino da estabilización

A solicitude da identificación dos postos presentada pola CIG o 3 xullo de 2025 non recibiu resposta da Dirección da Gain até a data, incumprindo a lexislación vixente. A CIG vén de reiterar a súa reclamación ante a Axencia Galega de Innovación (Gain) para que publique e identifique os postos de traballo que serán ofertados no acto de elección de destino do proceso...
Venres, 10 Xullo 2026

Listaxes provisionais de axudas aprobadas do Fondo de Acción Social

No DOG do 10/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Fan...