Novas por contido

O luns, 26 de marzo, tivo lugar unha xuntanza ordinaria do comité intercentros de saúde laboral no que se trataron os seguintes temas: debate sobre a memoria da actividade preventiva do ano 2011, modificación dos comités de prevención, roupa de traballo e  campaña de vixiancia da saúde.

Debate sobre a memoria da actividade preventiva do ano 2011

Accidentabilidade

Durante o ano 2011 prodúcese un aumento dos accidentes a finais de ano. A Consellería de Medio Rural é na que se producen a maioría dos accidentes graves. No apartado de accidentes veñen recollidos 70 en Comarcas Forestais, este dato non é aclaratorio posto que non especifica en que categorías se producen. Pídese o SPRL que aclare este dato.

Na consellería de Traballo, a segunda en número de accidentes, istes non están ben disgregados por categorías, pídese ao SPRL (Servizo de Prevención de Riscos Laborais) que aclare este dato.

A importancia da segregación de datos de accidentes por  categorías ven dado por que a acción preventiva débese facer por categorías e Servizos.


Avaliación de Riscos

Realizáronse tódalas avaliacións programadas e a maiores as solicitadas polos distintos CSSL (Comités de Seguridade e Saúde Laboral)

O Xefe do SPRL, informa de que estase a traballar nunha mellora do formato das Avaliacións de Riscos, na procura de que sexan  facilmente integrables no traballo diario. Incrementarán o número de fichas por posto.

Volvemos a repetir por enésima vez que, é importante que se realicen as avaliacións de riscos, pero que máis importante é que se leven a cabo as medidas correctoras dos Plans de acción. Gastánse recursos en facer avaliacións de riscos que por incumprimento das obrigas da Administración non teñen consecuencias en materia de prevención. E dicir, todo sigue sen arranxarse.

Vixilancia da Saúde

No momento da finalización da Memoria faltaban os datos de Ourense, polo que  o número de revisión médicas realizadas débese incrementar con eses datos.

O SPRL modificará o método de asignación de posto nas adscrición por causas de saúde. Avaliaranse os postos e consideraranse as tarefas que se podan desenrolar.

Pídese a apertura dunha Mesa de Negociación para tratar as adscricións por cambio de posto da lei 25/95.


Formación

Persoal de novo ingreso. O persoal de novo ingreso fai formación en PRL. Detéctase que algúns empregados de novo ingreso non realizou a formación, decídese que se fagan as xestións oportunas para solucionar isto.

Na Consellería de Medio Rural programarase a formación en función das solicitudes do CSSL.


Outros

Informan dende o SPRL  que se potenciaran os Plans de Medidas de Emerxencias e os simulacros, intentarase que se realicen polo menos cada tres anos.


Modificación dos Comités de Prevención

A administración propón a redución de CSSL a un por Consellería e o de Incendios. Opoñémonos taxantemente. En primeiro lugar, supón unha redución do número de delegados/as o que dificultaría inda mais a labor en materia de prevención. En segundo lugar, a representación nestes comités ven dada dunhas eleccións sindicais, e ata que se volvan a producir non se poden modificar a representatividade.

Escrito de solicitude de roupa de traballo

Este punto retírase posto que xa foi aprobado pola Paritaria.

Varios

Informan dende o SPRL que  MUGATRA foi a adxudicataria do concurso para a prestación dos servicios en Materia de PRL.  En breve, comenzará a campaña da VIXILANCIA DA SAÚDE.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...