Novas por contido

A Consellaría debe cesar xa ao xerente do Consorcio ante a nova desfeita: seguimos sen ninguén na ponte de mando e case sen tripulación

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir axeitadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi nomeado, afectando a máis de 2000 persoas traballadoras. Ista situación é insostible: ou que o cesen ou que dimita XA!

A confección de nóminas está encomendada a unha soa persoa dende hai meses e incluso durante as últimas semanas non había ninguén ao cargo destas tarefas. De xeito que as nóminas de outubro viñeron con erros graves: desapareceron os trienios no persoal interino, erros na execución de sentenzas, retencións do IRPF neste último trimestre superiores ou 35% en salarios anuais, etc. Pero os problemas non so quedan aquí, as eivas na xestión de persoal son endémicas no Consorcio. Isto súmase ao caos dos procesos de estabilización, da integración, ao cambio de vínculo pola funcionarización das prazas e á xestión de nóminas tras as sentenzas que outorgan a carreira profesional de 2019, e que o Consorcio négase a pagar debidamente.

Por isto denunciamos que...

  • Non é posible a comunicación co departamento de persoal (nunca collen o teléfono).
  • Falta de execución das sentenzas xudiciais, sobre todo o que se refire a pagamentos.
  • Non se envían os contratos de traballo asinados nun prazo razoable (ás veces non chegan nunca).
  • Non se fan a tempo os certificados de empresa necesarios para cobrar a prestación por desemprego, tramitar unha suspensión de contrato por risco para embarazo, etc.
  • Non se expiden os documentos que se solicitan para tramitación de axudas, subvencións, etc.,.
  • Non se é áxil na xestión das coberturas con persoal substituto, déixase pasar o tempo para non substituír mentres se sobrecargan os servizos.
  • Nas Resolucións das reducións de xornada, que non están condicionadas a necesidades de servizo, introducen unha cláusula que indica que non se pode exercer o dereito até que haxa cobertura desa franxa horaria, pero os chamamentos non se fan, polo que é un método perverso que impide de facto que se poda exercer este dereito.

En conclusión: NON SE XESTIONA.

Está visto que ás xerencias do Consorcio e á propia Xunta, dálles o mesmo que a calidade do servizo se vexa prexudicada porque, claramente, a súa aposta é polos servizos concertados coas empresas privadas. Semella que este último curso escolar deteriorábase o servizo premeditadamente nas escolas infantís reducindo horarios para non cubrir ao persoal. Iso si, ameázase verbalmente aos cadros de persoal e ás direccións con expedientes disciplinares se a situación de falta de persoal transcende ás familias porque din que “hai que resolvelo internamente”.

Por todo iso, na CIG insistimos, é correcto hai que resolvelo internamente berrando: "Perfecto dimisión, por incompetente na xestión!

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...