Novas por contido

Achéganos a Administración unha proposta de modificación da RPT desta consellería para o seu debate nunha vindeira xuntanza, o mércores 4 de abril. Esta modificación afecta só a parte de Educación da nova consellaría e se trata fundamentalmente da creación de prazas de persoal laboral por execución de sentenza.

É de agradecer o cambio na data por parte da Administración que incialmente nos convocaba de mércores para venres, cunha xornada de folga xeral polo medio. O que parece mentira é que tivéramos que recordarllo. Podedes achegarnos as vosas consideracións a autonomica@cigamon.org

Descargar documentación


Outras novas recentes

Xoves, 14 Agosto 2025

Arde Galiza e evidéncianse os problemas na xestión do servizo de incendios: accidentes e graves situacións de risco

Aínda non chegamos a segunda quincena de agosto e as previsións cúmprense antes de tempo. Estamos tendo unha campaña de verán de lumes durísima, altamente perigosa e con milleiros de hectáreas queimadas. Máis os expertos anuncian que o peor virá nas próximas xornadas con Grandes Incendios Forestais (GIF) e condicións de alto risco para a cidadanía e para as bombeiras e...
Luns, 11 Agosto 2025

Listado prazas toma de posesión Medio Rural

Dende a CIG poñemos á túa disposición o listado completo de prazas que resultaron da funcionarización para o C1, C2 e AP de Recursos Naturais e Forestais da Consellaría de Medio Rural. Estas praza teñen agora varios procesos pendentes de toma de posesión. Descarga aquí o listado.Aproveitamos para denunciar de novo como a funcionarización consolida e perpetúa as...
Xoves, 14 Agosto 2025

A CIG e os outros sindicatos esiximos solucións aos problemas das gardas e seguridade dos axentes ambientais de Patrimonio Natural

E solicitamos ter unha reunión, en canto remate a vaga de lumes, coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. No día de onte, 13 de agosto de 2025, enviouse comunicación aos axentes ambientais do Servizo de Patrimonio Natural das catro provincias galegas de que acudiran a apoiar nos incendios forestais. Esta comunicación foi feita principalmente por wassapp e por...