Novas por contido

Con relación ao documento achegado pola secretaria xeral de Cultura, a CIG-Autonómica presentou as seguintes alegacións:

Artigo 11.- Contrato plurianual de xestión.

O marco de actuacións en materia de xestión de recursos humanos vén establecido pola normativa de función pública que se aplica aos empregados públicos que se integren na axencia. Por exemplo: non pode establecer o seu “réxime de retribucións” senón que este vén establecido para o persoal laboral no Convenio Colectivo e parz ao persoal funcionario na lei de Orzamentos.

O complemento de produtividade e grao de cumprimento de obxectivos Deberían ser idénticos para todo o persoal da Xunta independentemente de se traballa nesta axencia ou nesta outra En todo caso nos opoñemos a este complemento, máxime cando non hai unha valoración obxectiva única, e apostamos no seu lugar polo desenvolvemento dunha verdadeira carreira profesional.

Artigo 17.- Funcións do Consello Reitor.

m) Actuar como órgano de contratación da Axencia.

Engadir “en contratos propios da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.”

n) Convocar e resolver os procedementos de concesión de axudas e subvencións e, se é o caso, acordar o seu reintegro, así como a incoación e resolución de procedementos sancionadores

Engadir “nesa materia.”. Hai que excluir a potestade sancionadora en relación ao réxime disciplinaria en materia de persoal.

ñ) Celebrar os contratos laborais de duración determinada, logo do informe favorable dos centros directivos competentes en materia de función pública e de orzamentos.

Dado que ten amplas competencias en materia de persoal bótase en falta a paritcipación da parte social.


Artigo 21.- Funcións da Dirección.

k) Exercer a xefatura do persoal da Agadic.

Dada a normativa actual de función pública a xefatura superior do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia que se integre na axencia non pode corresponder ao Director do ente.

o) Instruír os procedementos sancionadores e os procedementos de concesión de axudas e subvencións.

No exercicio da potestade sancionadora apreciamos un conflito coa normativa actual nos mesmos termos expresados nas alegacións do artigo 17.n). A persoa que ocupe a Dirección non pode arrogarse as competencias que non lle serían propias respecto ao persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia que conta cun réxime sancionador propio. É desde esta normativa disciplinaria desde a que debe regularse, de xeito transveral, as figuras da persoa que incoa o expediente, así como a que resolve, e non en cada Decreto de creación de cada novo ente, aspecto que dito sexa de paso, tampouco ten moita necesidade de aparecer.

Ten que expresarse na redacción que a potestade sancionadora se refire ás infraccións en materias da súa competencia, pois tal e como está redactado da lugar a interpretacións ambiguas.


Artigo. 28.- Comisión de Control.

A parte da existencia desta comisión coas funcións que lle son propias, insistimos na necesidade que estatutariamente se contemple a existencia dun órgano colexiado de control onde este representada a parte social e que teña como atribucións o estudo, asesoramento, información, control e seguimento en materia de contratos celebrados ao abeiro da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público.

A súa atención focalizaríase nos contratos que pola súa natureza poidan dar lugar a cesións ilegais de traballadores ou a contratos en fraude de lei, e ao mesmo tempo fixar se o obxecto e natureza do contrato non é determinado na duración da obra e servizo e pode considerarse que é un traballo estrutural a desenvolver con persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza. Así mesmo, este órgano colexiado tería que ser informado de calquera asistencia técnica que se desenvolva no AGADIC.


Artigo 31.- Ordenación de postos de traballo.

Neste apartado falta a necesaria referencia á negociación previa.


Artigo 33.- Condicións de traballo e réxime retributivo.

Estamos en contra do concepto retributivo da produtividade mentres non se desenvolva a carreira profesional do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia. E máis cando este concepto vai ir ligado a un sistema de avaliación e valoración subxectivo e discrecional con respecto ao resto da Administración Autonómica.

Non ten sentido realizar avaliacións do desempeño separadas por entes instrumentais, con criterios diferenciados, senón que está debe estar dentro dun marco de acordo de mínimos. Mentres non se poda garantir un sistema unitario que respecte criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non-discriminación, sen menoscabar dos dereitos dos empregados públicos, non estamos a favor da dita valoración.

De todos os xeitos, o propio EBEP establece no seu artigo 20 que lle corresponde ás Administracións públicas determinar os efectos da produtividade e non a cada ente instrumental destas en particular.


Numeración de apartados

En varios artigos que constan de apartados, aparecen numerados coas letras “j” e “k”. Lembrar que no idioma nacional de Galiza non existen ditas letras, polo que deben eliminarse da numeración.

Outras novas recentes

Venres, 09 Mai 2025

Reunión do CSSL de Incendios

O día 6 de maio de 2025 tivo lugar a reunión. 1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.A acta non se aproba. 2.- Accidente na queima prescrita con data 31 de marzo de 2025 na provincia de Ourense.Dende a CIG xa nos puxemos en contacto co traballador en repetidas ocasións e dentro da situación que puido ser está relativamente ben, iso e o mais...
Venres, 09 Mai 2025

Concurso ordinario escalas enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos técnicos e ciencias

Dende a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal veñen de comunicarnos que, o vindeiro día 12 de maio, luns publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se farán públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de...
Venres, 09 Mai 2025

«Por unha EGAP transparente e en Galego». Mobilízate o 15 de maio diante da EGAP!

Compañeira/Compañeiro: O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela. Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos,...