Novas por contido

Cómpre analizar os motivos polos que esta empresa, La Voz de Galicia, leva toda a semana publicando o minuto e resultado da negociación (ou amago de) entre a Función Pública e as organizacións sindicais representativas do persoal funcionario e laboral da Xunta, sobre a xornada de traballo de verán deste persoal.

Cando menos resulta chamativo que non se emita unha pequena nota tamén co horario de verán de NG Banco ou de Bankia, en pleno rescate bancario, ou dos miles de empresas que nos meses de agosto pechan polas tardes. O que se trata é de presentar un dereito do que desfrutan miles de traballadores das empresas privadas como un privilexio no caso dos traballadores públicos.

Chegan a publicar burradas, coma o artigo de opinión de hoxe “Defecto de pedir, virtud de no dar” ou informan que a xornada de verán a trouxo o malvado bipartito.

O artigo de hoxe está redactado por un escritor moi coñecido, Ignacio Bermúdez, que presentou o seu novo libro nun espazo cedido por NG Banco, rodeado dos seus amigos Feijóo e Negreira. Este individuo adorna o seu artigo con comentarios como “todos los españoles somos iguales ante la ley”, “los funcionarios piden más y más”, “no me salgan con que cobran poco y han tenido que aprobar una dura oposición” ou palabras como privilexio e agravio comparativo. Pois este señor é compañeiro de carreira do noso presidente Feijóo, así que xa sabemos de onde veñen os tiros.

Hai que lembrar que a xornada de verán foi incorporada no ano 1988. Conseguiuse logo dunha folga que se convocou en 1988. O órgano convocante desa folga foi a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta, da que eran membros, naquel momento, Alberto Núñez Feijóo e Carlos Negreira como representantes da Agrupación de Funcionarios Interinos e Contratados Administrativos (AFICA). Como última curiosidade, dicir que o horario que se reclamaba como de verán ía dende o 15 de xuño ao 15 de setembro.

Se seguimos mirando na hemeroteca, no último artigo de Santiago Rey Fernández-La Torre, do 12 de febreiro pasado e titulado "Acabar con la desesperación", o editor da Voz de Galicia dicía o seguinte: "Ahora -no hay más que verlo en Galicia- vuelven a la carga los políticos con más atentados contra el bolsillo de una gran parte de la sociedad. Los empleados de la sanidad y la educación y el resto de los funcionarios, ya machacados, se enfrentan a nuevos ajustes, mientras en las alturas continúa el desfile de fastos, oropeles y despilfarros pagados con dinero público."

Pois temos que dicir que estamos totalmente de acordo co dito, agradecemos que de cando en vez se teña unha sensibilidade polo noso traballo como empregados e empregadas públicas e, sobre todo, polo que o noso traballo significa para o Estado do Benestar. Agora ben, para ter coherencia con esta afirmación, entendemos que a liña editorial da Voz de Galicia debería de actuar en consecuencia e defender, e non pór na picota, ao conxunto dos empregados públicos, xa que nos comentarios que están publicados no seu web, permítense e non se filtran opinións sectarias, falsas, ofensivas e incluso de moi mala educación.

A defensa dos Servizos Públicos debería estar por riba de calquera outro tipo de interese, sobre todo de intereses que o que pretenden é sacar tallada do proceso de recortes e privatización da Sanidade, da Educación e dos Servizos Sociais. Pedímoslle á Voz de Galicia que deixe de pór alfombras vermellas para o asalto do Capital aos Servizos Públicos e trate con certo respecto e sensibilidade ao persoal funcionario e laboral da Xunta, a día de hoxe lectores aínda, así e a todo, do seu xornal.

Descargar o CIG-Informa

Outras novas recentes

Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...