Novas por contido

O xoves, 14 de xuño de 2012, realizouse a primeira xuntanza para tratar as bases do concurso de traslado das Escala de inspección e subinspección de Consumo.

Como cuestión previa, con relación á  I.1.a) Participación desde postos LD, solicitamos que a Administración vixíe que non se autoricen comisións de servizos para postos LD inmediatamente despois da resolución do concurso, ao que contestaron que iso non o levan desde a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal; quen se encarga diso é a Subdirección de Xestión e Ordenación de Persoal. Desde a CIG advertimos que imos considerar un fraude a autorización de comisións de servizo posteriores ao concurso en prazas de LDs.

En canto as bases, Función Pública comentou con relación ás nosas alegacións:

  • Postos ofertados en fase de resultas: solicitamos que se redacte doutro xeito e que sexa eliminada a condicionalide referida "... e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura". Reiterase Función Pública que non é a súa intención a de excluír con carácter xeral os postos pero que o poñen por se o necesitan por motivos organizativos mais están estudando a posibilidade doutra redacción.

  • Antigüidade: Solicitamos que se diferencie a valoración dos servizos prestados na Xunta de Galiza no sentido de outorgar a metade da puntuación por servizos prestados noutras Administracións e que se revise a puntuación neste apartado para que teña un maior peso no cómputo global. Función Pública amparase nunha sentenza xudicial que di que non pode haber distintas puntuación entre servizos prestados nunha administración ou noutra e que o peso deste apartado en relación ao total xa é moi importante.

  • Valoración do traballo desenvolvido segundo o nivel do posto solicitado: Propoñemos que se reduza as diferenzas de puntos entre os niveis do posto solicitado e polo tanto que se axuste a gradación da puntuación.

  • Conciliación: Solicitamos que se reduza á metade a puntuación e que ademais se contemplen outras circunstancias para puntuar neste apartado (localidade dos/as fillos/as escolarizados, que na parella non teñan que ser as dúass persoas empregadas públicas, familias monoparentais....)

  • Formación: Solicitamos que se reduza o tope máximo de puntos e que pase de 3 a 2,5; consideramos excesiva a puntuación neste apartado xa que equivaldría a 20 anos de antigüidade. Función Pública insiste en que o persoal funcionario ten acceso a suficientes cursos para chegar ao tope máximo da puntuación neste apartado (mesmo o persoal que leva menos tempo traballando).  Expuxemos de novo a desigualdades existentes xa non todo o persoal tivo acceso a algúns cursos, e poñemos como exemplo o de xefes de sección xa que as persoas que tiñan preferencia para realizalos eran aquelas que estaban ocupando ditos postos.

  • Renuncia: Solicitamos que se ampríe o prazo para renunciar ao concurso. Función Pública dí que van a estudar a ampliación do tempo pero sempre antes de que saia o baremo provisional para que non haxa suspicacias por parte do persoal e non se prexudique a ninguén.

  • Grupo de pertenza: solicitamos que se reduza a diferenza de puntuación segundo o grupo de clasificación. Función Púbica contesta que se podería reducir hasta un límite, xa que hai unha sentenza que dí que unha persoa dun grupo inferior se ten unha titulación superior nunca pode exceder en puntuación á do grupo superior sumando a puntuación por titulación académica e a puntuación polo grupo de pertenza.


Función Pública dixo que estudarían as alegacións e que nos achegarían os textos coas modificacións en vermello con anterioridade á convocatoria da Mesa Xeral correspondente

Descarga as alegacións presentadas pola CIG o 14/06/2012

Outras novas recentes

Luns, 09 Marzo 2026

Diante das mentiras... datos, feitos, datas, probas

wpYK4a72WuI Diante das mentiras... datos, feitos, datas, probas. Non deixes que te enganen. A CIG sabe moi ben de que lado está: a carón das traballadoras e traballadores. Nota: cando no video fala de que hai 6 sindicatos con presenza na Mesa Xeral (CIG, ELA, LAB, CCOO, UGT e CSIF), refírese á Mesa Xeral de Administracións Públicas no ámbito do Estado. En Galiza tamén temos...
Xoves, 12 Marzo 2026

Apertura do prazo para modificar os ámbitos e datos persoais das listas de substitucións de PSX e xerocultura

No DOG do 12/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo para modificar os ámbitos e os datos persoais facilitados nas solicitudes de inclusión das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da...
Xoves, 05 Marzo 2026

A metade das traballadoras galegas estaría en risco de pobreza se os seus ingresos dependeran só do seu salario individual

A CIG convoca unha manifestación nacional en Compostela este 8 de Marzo baixo o lema «Feministas e combativas. En loita pola nosa dignidade!»  ugOYSwV2nEI?si=gi4XNEWHrQQkJr6j   Aínda que a presenza das mulleres no mundo laboral é cada vez maior, en Galiza arredor do 50% das mulleres traballadoras situaríanse en risco de pobreza se os seus ingresos dependeran exclusivamente...