Novas por contido

No DOG de hoxe, día 30 de xuño, sae publicada a Resolución do 25 de xuño de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2008 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación da citada resolución.

Está expostas nas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información Administrativa e Atención ao Cidadán en Santiago de Compostela, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Vigo e Ferrol, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e tamén poden descargarse da páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Ademáis as temos para a súa consulta nos locais do sindicato dos diferentes edificios administrativos.

Contra esta resolución, poderrase interpor recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

Outras novas recentes

Venres, 08 Mai 2026

A Consellería do Medio Rural volta aos erros do pasado e crea un reforzo de persoal do SPIF a través de SEAGA

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións. Dende a CIG Autonómica non...
Martes, 05 Mai 2026

O persoal de limpeza di basta: acordo de condicións laborais xa!

A CIG demanda a apertura con carácter inmediato dunha negociación para corrixir as inxustizas que sofre o persoal de limpeza nos centros de ensino Os rateos do persoal de limpeza nos centros de ensino continúan rexéndose por unha circular do ano 1994, unha normativa completamente desfasada que a Administración se nega a actualizar, malia a evidencia do cambio radical que...
Xoves, 07 Mai 2026

A CIG denuncia ao Consorcio por prácticas irregulares na xestión de nóminas

 O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da...