Novas por contido

 O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF

Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da prestación, por mor de causas imputables á propia entidade (demóranse en mandar a documentación á traballadora, ás veces meses, nun trámite que tería que ser inmediato). 

Reclaman o que non se cobrou

Unha vez que a Mutua lle aboa á traballadora a prestación, con efectos que se retrotraen á data da suspensión, o Consorcio reclámalle as cantidades ingresadas en concepto de adianto.  

O Consorcio esixe a devolución do importe bruto máis unha cantidade adicional en concepto de IRPF (que a traballadora non percibiu).

Esta práctica é común non só nas situacións de suspensión por risco para o embarazo, senón que a aplican tamén a outros supostos de cobramentos indebidos atribuíbles á empresa, onde se fixo un ingreso duplicado do IRPF.

Deixan nóminas mensuais a 0 €

Ademais de todo o anterior, o Consorcio adoita deixar a nómina a cero cando a cantidade requirida é superior ou igual ao salario mensual, sen negociar coa traballadora os termos da devolución. Esta práctica pode ser interpretada como unha penalización encuberta cando non existe acordo expreso ou resolución xudicial que avale a compensación total das cantidades.

O Estatuto das Persoas Traballadoras garante a percepción, como mínimo, do salario mínimo interprofesional, que ten carácter indispoñible e inembargable nos termos estabelecidos legalmente. A compensación ou desconto de cantidades non pode implicar, en ningún caso, que a persoa traballadora quede sen ingresos ou por debaixo dos límites legalmente protexidos.

Denuncia diante da autoridade laboral

En consecuencia, dende a CIG, denunciamos ao Consorcio na Inspección de Traballo e Seguridade Social por estas prácticas abusivas. Non son situacións que se produzan esporadicamente; afectan a todas as traballadoras en risco por embarazo e tamén aos pagamentos indebidos que se producen por mor da fallla de persoal no departamento de xestión de nóminas, entre outras causas.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...