Novas por contido

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións.

Dende a CIG Autonómica non podemos compartir a volta a este sistema do pasado e a asumir que o problema dos lumes en Galiza é estacional. A experiencia destes anos amosoulle á Consellería do Medio Rural que os problemas de persoal do servizo de incendios non se solucionan cun mal chamado “reforzo” nin coa contratación de persoal a través de concellos ou sociedades, senón tendo un servizo estable e único que traballe todo o ano para poder realizar tarefas de prevención, extinción e atender as distintas multiemerxencias….e para iso xa existe o SPIF.

Estamos en total desacordo con este proceder e coa creación de postos de traballo de reforzo do SPIF con distintas condicións laborais. O único que si podemos celebrar é que por fin caeran na conta que en distintos territorios a falta de persoal é inadmisible. Mais non podemos esquecer que todo isto deriva da nefasta política de contratación de persoal de reforzo a través dos concellos e do desleixo da propia Consellería á hora de asumir as necesidades reais de persoal e proceder á súa cobertura en tempo e forma.

Por iso, instamos á Consellería do Medio Rural a que recapacite e implante xa a creación de postos no SPIF atendendo ás necesidades reais de cobertura do territorio e á nova tipoloxía de lumes cada vez máis virulentos e desestacionalizados. E por suposto, que esta cobertura de postos se faga directamente a través da propia Xunta de Galiza, homoxeneizando dunha vez por todas os dereitos laborais das persoas traballadoras do SPIF.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...