Novas por contido

A Xunta reduce en 1.153 os postos de funcionarios/as no 2013, o que supón un 11% menos dos efectivos.

Nos actuais Orzamentos os recortes non chegan só ás retribucións. É cecais máis importante o recorte no número de efectivos porque iso supón, en primeiro lugar, a perda de emprego de moitas compañeiras e compañeiros interinos nunha situación de falla de expectativas laborais.

Supón ademais a perda de prazas para os concursos de traslados e para a promoción interna. Hoxe é o persoal interino pero mañán serán o persoal funcionario de carreira, xa que en varias CCAA se está a estudar o paso á excedencia forzosa de funcionarios ante a falta de prazas.

No proxecto de Orzamentos 2013 a Xunta establece no seu artigo 24 que non se inclúen no anexo de persoal desa lei as prazas vacantes sen ocupación, que posteriormente deberán ser amortizadas. Porén, temos constancia que entre estas vacantes atópanse tamén prazas ocupadas en comisión de servizo. Xa que logo, amortízanse postos onde se estaba a desenvolver algunha función.

Pois ben, nos Orzamentos deste ano pasamos das 10.649 prazas de funcionarios no 2012 a tan só 9.496 no 2013 o que supón un recorte dun 11%.

Os grupos máis afectados son o A2, cunha redución de case o 20% das prazas e o C1, con case o 12%. No caso do grupo C2, o recorte sería do 14% se se toman como referencia os dous últimos anos.

TÁBOA DE REDUCIÓN DE POSTOS



Efectivos
Redución
2012
2013
Efectivos
%
A1
2.828
2.593
-235
-8,31%
A2
1.733
1.399
-334
-19,27%
C1
2.458
2.172
-286
-11,64%
C2
2.490
2.253
-237
-9,52%
Agr.Pr.
1.140
1.079
-61
-5,35%
Total
10.649
9.496
-1.153
-10,83%


A pretensión da Administración é non deixar prazas vacantes puras para os concursos de traslados, co cal, coa resolución do concurso de corpos especiais e escalas e co próximo concurso de traslados de corpos xerais, ao que hai que sumar as tomas de posesión de procesos selectivos, calquera movemento vai ser para postos ocupados por interinos, co que a Administración vai aproveitar estes procesos para facer o traballo suxo.

Pero as prazas deixadas vacantes tras o concurso tamén van ser amortizadas, co cal se reducirá ainda máis o seu número. Máis aló de que non volva haber chamamentos de persoal interino, concursos, convocatorias, etc., nada nos di que o día de mañá sexa prazas ocupadas as que comecen a ser amortizadas “por non haber diñeiro”. Aplicando a lei, o persoal laboral acabaría despedido e o persoal funcionario en excedencia forzosa, na casa. E non hai que ir tan lonxe como Grecia ou Portugal para ver isto, Castela A Mancha xa está estudando a súa aplicación.

Unha mengua na Administración que vai repercutir nos servizos que se prestan. Unha mengua de persoal propio na Administración que vai repercutir nos servizos que se prestan. E ista redución é a porta de entrada ao grande das empresas privadas na Administración; a insuficiencia dos medios propios como xustificación da “necesidade” da privatización para facer as funcións dos postos que amortizan. Iso, e non o aforro derivado das amortizacións, é o núcleo central da filosofía da redución da Administración.

En definitiva, a amortización destes 1,135 postos de traballo vai supoñer:

  • Perda de emprego ao longo do ano dun número similar de persoal temporal e interino.
  • Desaparición na práctica dos concursos de traslados e procesos de promoción interna, ao non haber case prazas.
  • Posibilidade a medio prazo de recorrer a medidas de excedencia forzosa do persoal funcionario como noutras CCAA.


Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...