Novas por contido

Cando a Xunta, CCOO e UGT decidiron que perdéramos un ano de carreira (lembra que no 2021 deixaron sen acceso ao grao II aos subgrupos C1, C2 e AP) intentaron xustificalo dicindo que unha sentenza da CIG do 2021 impedira que eles aprobaran no 2020 a convocatoria para o grao II (debía de tratarse dun efecto cuántico que fai que as consecuencias se manifesten antes que a causa).

A realidade foi mais vulgar: non se aprobou porque eles decidiron non facelo e así chantaxearnos para que retiráramos a demanda interposta para que 7.000 persoas puidesen acceder ao sistema de carreira porque sabían que ían perder (ao igual que se perdera xa noutras tres CCAA).

Con esta nova negociación da carreira, UGT quere volver a difundir o mesmo bulo e dinos nun libelo: “Xa tivemos un ano perdido na carreira extraordinaria a causa dun desatino sindical sen precedentes, neste caso colaboracionista cunha Administración á que lle saían mellor as contas suspendendo o dereito. A nosa preocupación medra...”

Precisamente os colaboracionistas co patrón que impediron que 7.000 persoas interinas e temporais puidesen acceder á carreira, os mesmos que nos pediron “de parte del director xeral...” que retiráramos a demanda, queren sementar o medo e que os eximan de responsabilidade. Minten cun sangue frío que lembra a Carlos Mazón.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...