Novas por contido

- Prevista a súa publicación antes de rematar o mes de febreiro.
- Con moitas prazas vacantes retiradas negándosenos os argumentos das consellarías.

- Haberá un concurso "específico" para determinados postos.

- Nalgúns aspectos, feito para primar a libres designación.

- Hai prazas dotadas pero sen crear na Relación de Postos de Traballo dende fai anos e que por tanto non sairán no concurso.

O concurso de corpos xerais pasou pola Mesa Xeral do luns 18 de febreiro, e, coa Comisión de Persoal convocada para o mércores 20, agardamos que estea publicado no DOG antes de rematar este mes.

Será lembrado como concurso do recorte, das prazas agochadas, amortizadas e até reservadas que xenerará numerosas comisións de servizo. Teoricamente promovido pola Dirección Xeral da Función Pública pero na realidade impulsado pola de Orzamentos, coa clara intención de xenerar novas vacantes para amortizar postos.

 

Por se non abondase coa eliminación de postos, retiran determinadas prazas, como as habilitacións, supostamente para convocar un posterior concurso "específico", o que nos lembra o ocurrido coas xefaturas de servizo na primeira lexislatura de Feijoo: pasaran a ser de concurso co bipartito pero o novo goberno retirounas do concurso porque ían convocar un específico para estes postos, sendo o resultado final a reforma da Lei da Función Pública para que os servizos volvesen a ser de libre designación. É o mesmo goberno, con xustificacións similares, e os antecedentes non nos facilitan a boa fe.

As bases, que nunca serán a gusto de todos e todas, favorecen nalgúns aspectos ao persoal que ocupou ou ocupa postos de libre designación, quenes non terán que agardar dous anos no último destino para poder concursar:

  • Grao persoal: a puntuación máxima obtense co grao 30 (director/a xeral), algo que non está ao alcance de quen non teña un bo padriño.
  • Traballo desenvolvido: calquera funcionario/a que fose libre designación vai conseguir un extra de puntuación para os postos de concurso equivalente a bonificarlle cun 233% cada ano traballado en LD.
  • En medidas de conciliación, ao tempo que rexeitan atender certas circunstancias que demandamos, bonifican a reunificación co cónxuxe ou parella ao noso entender excesivamente (equivalente a 3,3 anos de antigüidade).
  • Seguen sen aceptar valorar a formación por horas reais en vez do actual sistema de tramos. Tampouco aceptan ampliar as modalidades formativas ou os certificados de competencia.
  • Castiga aos funcionarios/as que, polo mal funcionamento da propia Administración, estiveron forzados a botar anos en destino provisional.

 

En definitiva, os responsábeis políticos da Administración Galega van impoñernos un concurso de traslados sen ter en conta as numerosas alegacións presentadas pola CIG.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...