Novas por contido

A Dirección Xeral da Función Pública vén de estimar o recurso de reposición presentado pola CIG contra a valoración do grao universitario nas bases do concurso de traslados de corpos xerais, outorgando unha puntuación única á titulación académica de grao universitario.

Na base III.5.2 da convocatoria recorrida sinaláse a puntuación que corresponde a cada nivel de titulación académica oficial para os efectos da valoración de méritos no concurso de traslados, aparecendo no articulado dúas posibles puntuacións para a titulación de grao universitario (0,60 e 0,80 puntos), o que resultaba nunha puntuación diferenciada para un mesmo título académico e sen que conste ningún criterio obxectivo para tal efecto.

Cómpre destacar que a titulación de grao universitario constitúe un único nivel académico oficial, ao abeiro do artigo 3 e do Capítulo III do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro (BOE 30/10/2007), polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, existindo unha única titulación (título de Graduado ou Graduada) acompañada da denominación específica do estudo oficial universitario correspondente do Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). O propio artigo 76 da Lei 7/2007 do 12 de abril (BOE 13/04/2007), pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público recoñece implicitamente a unicidade da titulación de grao universitario, ao dispor que esta será a titulación esixida para o acceso tanto ao actual subgrupo A2 como ao subgrupo A1.

Xa que logo, a CIG-Autonómica presentou o pertinente recurso de reposición solicitando que se modifique a redacción da base III.5.2 da orde de convocatoria do concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais, no sentido de lle outorgar ao grao universitario unha puntuación única, que vén de ser estimado pola Dirección Xeral da Función Pública.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...