Novas por contido

Este mércores día 6 de marzo tivo lugar una Asemblea-Concentración no Complexo Xuvenil “As Mariñas” para denunciar as mentiras da Xunta á hora de propoñer a privatización e posterior peche deste centro.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, denuncia que a Dirección Xeral de Xuventude quere pechar o Complexo Xuvenil As Mariñas en Bergondo a pesar de ter carga de traballo. Por iso, a partires do 24 de marzo dous dos seus principais programas "ROTEIROS" e "AULA XUVENTUR" que se ían celebrar nas instalacións do Albergue Xuvel de Gandarío (xunto co Albergue da Marina Española integra o citado complexo) que acollería a preto de un millar de mozas e mozos.

 Engádese a esta lamentable noticia que o Centro ten orden de non admitir reservas despois do 31 de marzo do presente ano polo que xa non falariamos da privatización senón do PECHE DO CENTRO, que soio funcionaría nos meses de xullo e agosto coa campaña de verán. Este é un ataque brutal ao noso sistema de benestar social, xa que co peche retrocederiamos uns corenta anos, aos tempos do "Generalísimo" cando no verán Gandarío acollía aos rapaces e Marina Española as rapazas nos campamentos que había naquelas épocas.

A día de hoxe están confirmadas reservas con varios grupos que suman uns 500 usuarios para estancias de 2 a 8 días, e a maiores están as convivencias de 1 día, e tendo en conta que todos os grupos pagan as taxas que marca a Xunta, consideramos que o peche é unha medida totalmente desproporcionada e sen xustificación algunha.

Este Comité de Traballo e Benestar, non pode aturar impasible esta terrible agresión, non soio aos traballadores do Centro (amortizanse 11 postos de traballo e os outros 12 poderían seguir o mesmo camiño a partires de setembro) senón a toda a sociedade (sobor de todo a que menos recursos posúe) xa que este peche representa que gran cantidade de asociacións, colexios, federacións deportivas, etc...non terán a posibilidade de utilizar unhas instalacións dignas a precios razoables. Por iso dende o Comité solicitamos o apoio dos usuarios deste Centro, dos cidadáns, do Concello, etc., para evitar este fatal desenlace.

Asemblea de traballadoras/es

As traballadoras e traballadores presentes na Asemblea criticaron con dureza ao actual Director do Complexo –Juan Carlos Alonso Cortés- e ao Director Xeral da Xuventude -Ovidio Rodeiro Tato- por preparar o peche do Albergue chegando a anular dous dos seus principais programas “ROTEIROS” e “AULA XUVENTUR” que se ían celebrar acollendo a un milleiro de mozas e mozos.

Criticouse duramente tamén a anomalía de que, e que pode chegar a cobrar 38.000 euros anuais, como Subdirector do Albergue ( DOG 29/09/2011), sen contar o que poda percibir pola súa antigüedade. E para colmo, esta figura ou posto de traballo, non aparece a “amortizar” pero sí, a Consellería quer destruir agora 11 postos de traballo ( 2 de Oficial 1ª de Cociña, 1 Oficial 2ª de Cociña, 1 Almaceneiro, 5 Camareiras/ros—Limpadoras/res) dos 21 postos de traballo que existen no Albergue.

Seguimos na loita

A Asemblea decidiu o próximo Calendario e as próximas Mobilizacións que serán o mércores 13 de marzo ás 12 horas diante da Xefatura Territorial Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, e o sábado 16 cunha recollida de sinaturas no Feirón do pobo de Sada recabando o apoio cidadán. O Calendario segue co mércores 20 de marzo na que haberá outra Asemblea para decidir as próximas actividades a desenrolar pola defensa do Complexo. Mentres tanto xa estará en funcionamento nas redes sociais un Grupo de Apoio para que se manteña.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...