Novas por contido

Entre as informacións facilitadas polo Director Xeral da Función Pública e os rogos e preguntas dos sindicatos na Mesa Xeral do martes 28 de maio, destacamos:

  • Concurso gardacostas: esta semana envían ao DOG a puntuación definitiva.
  • Concurso xeral: en dúas semanas terán as listas provisionais.
  • Concurso especial: nuns días nos darán información dos prazos.
  • Procesos selectivos: teñen intención de publicar a finais de xuño todos os procesos que tiñan previsto publicar antes do verán.
  • RPT de Medio Rural: en dúas ou tres semanas irá á Mesa Xeral.
  • Vacacións: denunciamos que en Sanidade-Coruña (hoxe comprobamos que tamén noutras consellarías e localidades) están a exixir que se soliciten xa os 22 días hábiles. Pedimos flexibilidade, especialmente nos seis días que se poden usar como moscosos, comprometéndose o DXFP a facer xestións para a súa flexibilización. Solicitamos tamén unha negociación e aclaración dos días hábiles para o persoal de corpos con 365 días hábiles ao ano.
  • Promoción interna: preguntamos por este proceso, afirmando o DXFP que a convocatoria será "a finais de ano". En fin.
  • Consolidación: será despois da promoción interna. Novamente, en fin.
  • Educación e postos fora da RPT: demandamos a educación que se poñan as pilas e engadan na RPT os postos que levan anos funcionando e inda seguen fora da RPT. É o caso, por exemplo, do IES de Ponteareas, que tras varios anos de funcionamento e persoal nos postos, estes "non existen" e por tanto non puideron ser escollidos no último concurso de traslados.
  • Concurso de escalas sanitarias (lei 17): Lembramos que este persoal é funcionario de Función Pública, quen se desentende deles. Exiximos que asuman as súas competencias e negocien o concurso deste persoal, que levan moitos anos sen el. Como ven sendo costume, non había representantes da consellaría de sanidade.
  • Regulamento da xornada: O DXFP di que "estamos en ello", que o vindeiro mes vai ser aprobado inda que non publicado pois inda quedarían outros trámites pendentes.
  • Sanidade e cursos de formación: a consellaría está a impedir a asistencia a cursos de formación do seu persoal.

Outras novas recentes

Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...
Venres, 26 Setembro 2025

Avaliacións de saúde do persoal do Consorcio. Xa non era sen tempo!

Xa non era sen tempo! Por fin van comezar a citar ás persoas traballadoras para as revisións de saúde de 2025!Despois de poñernos en contacto co Servizo de Prevención propio da Xunta e con Vitaly, esta última comunícanos que van comezar a citar ao persoal para as revisións médicas ordinarias. Unicamente as avaliacións que se fixeron este ano foran petición propia dun centro...
Martes, 30 Setembro 2025

Campaña de vixilancia da saúde 2025/2026 para persoal non docente de centros de ensino

Aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste...