Novas por contido

O Comité de Empresa en Coruña plantéxalle á Conselleira de Traballo e Benestar, o despilfarro de fondos públicos e o encarecemento dos servizos prestados aos usuarios que vai supoñer o funcionamento da Axencia Galega de Servizos Sociais.

O COMITÉ DE EMPRESA solicitou hoxe da conselleira Beatriz Mato unha reunión urxente para poñela en aviso sobre o que vai supoñer para o persoal e os usuarios a creación dun novo “chiringuito” denominado Axencia Galega de Servizos Sociais, un ente público que supora a duplicidade de postos directivos, xerentes, e subdirectores nomeados todos eles a dedo e por criterio partidista e persoal de Beatriz Mato.

Beatriz Mato, nunca compareceu ante os representantes do persoal laboral da Xunta que traballa nos centros de Traballo e Benestar, para coñecer a opinión directa dos profesionais que levan unha media de 20 a 30 anos de traballo en residencias de maiores, centros de menores, escolas infantis ao servizo da atención social publica que se presta en Galiza. Polo contrario para crear a Axencia Galega de Servizos Sociais, Betariz Mato, guiase exclusivamente por criterios de empresas privadas e polos asesores do seu gabinete que terñen salarios millonarios pero nunca pisaron un centro de benestar.

A día de hoxe as necesidades de atención aos usuarios das residencias de maiores, dos centros de menores e das escolas infantis non é crear un novo chiringuito, donde colocar a mais altos cargos nomeados a dedo e privatizar os servizos básicos. O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, quere manter unha reunión con Beatriz Mato, para mostrarlle a verdadeira realidade destes centros e as necesidades que neste momento se están a padecer nestes centros, a falta de recursos e a nula capacidade de xestión de maioria dos directores, convirten estes centros en “aparcadeiros” de anciáns ou menores, sin actividades, co persoal baixo minimos, e con falta de recursos e medios para garantizar a calidade que deben ter este tipo de prestacións públicas. O problema é que se esta a efectivizar o desmantelamento do sistema de benestar da Xunta, sin outra solución que inventarse un chiringuito para progresivamente facer imposible as prestación públicas á infancia e aos maiores.

A intención de Beatriz Mato, que non entende o que é a adecuada prestación dos servizos sociais, é crear un macroente cunhas moi bonitas e ben dotadas oficinas centrais en San Caetano con moitos postos a dedo para colocar adeptos, mentras a realidade dos centros é que escasean os pañais, se restrinxe a calidade dos menús e non se cubren ao persoal necesario para ter ben atendidos aos usuarios das residencias de maiores, centros de menores e escolas infantis.

O Comité de Empresa considera que si Beatriz Mato quere coñecer cales son os problemas reais dos servizos sociais e de benestar en Galicia, debe permitir que sexamos os propios profesionais destes centros os que lle informemos directamente dos mesmos, sendo ademais, xunto cos usuarios, os principais interesados en que se traballe con eficiencia e eficacia, sen despilfarros ou falta de transparencia (os directores destes centros ocultan a realidade dos mesmos e pintan un panorama idilico para non ser cesados).

Con este fin se solicita a reunión con Beatriz Mato para coñecer e participar nas medidas que están relacionadas cos postos de traballo do persoal que representamos e co futuro das funcions que se desempeñan nos mesmos. Porque non queremos que desaparezan os servizos sociais e de benestar e defendemos unha prestación pública e de calidade.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...