Novas por contido

As centrais intensifican as protestas en rexeitamento da ofensiva represora do PP contra a resposta social aos recortes. A campaña, promovida pola CIG, CCOO e UGT, inclúe manifestacións, concentracións e a autoinculpación de membros dos tres sindicatos.

As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT están a intensificar a campaña de mobilizacións para rexeitar a ofensiva represora do PP contra a resposta social aos recortes en dereitos laborais e sociais e convoca unha serie de protestas en todo o país nas que reclamarán o indulto para os traballadores/as condenados a prisión por exerceren o seu dereito á folga. A campaña, que conta co apoio da Alianza Social Galega (Asoga), inclúe manifestacións, concentracións e a autoinculpación de membros das tres centrais pola súa participación en actos en defensa da clase traballadora.

As centrais fan un chamamento á clase traballadora a rexeitar na rúa a criminalización da protesta social e a ofensiva penal contra o dereito de folga por parte do Goberno español do PP e dunha Xustiza ao seu servizo e a amosar a súa solidariedade con Carlos, Serafín, Ana e Tamara, para os que reclaman o indulto inmediato.

Dende as organizacións sindicais lembran que estes catro traballadores/as son as vítimas directas desta ofensiva, pero a represión afecta a toda aquela persoa que exerza o dereito do mobilización.

A xornada central desta campaña terá lugar o vindeiro luns, cando se celebren até 11 actos de protesta en toda Galiza. Pero antes, este mesmo xoves, unha manifestación percorrerá as rúas de Pontevedra, cidade de Ana e Tamara. A marcha, convocada baixo o lema "Polo emprego. Non á represión sindical", partirá da Praza da Ferrería ás 20.30 horas e rematará diante da Subdelegación do Goberno.

O día seguinte, o venres 27, desenvolverase unha concentración diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) na Coruña, onde membros das tres centrais autoinculparanse por teren participado en actos en defensa da clase traballadora, de igual xeito que o fixeron as catro persoas condenadas.

Xa para o luns está prevista a celebración de actos de protesta en 11 localidades do país. En Vigo, cidade de Carlos e Serafín, terá lugar unha manifestación dende Vía Norte até o museo Marco.

Lugares e horarios das mobilizacións

  • A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.
  • Ferrol: manifestación dende a Praza de España ás 20.00 h.
  • Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.
  • Ribeira: concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.
  • Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h.
  • Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h.
  • Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h.
  • Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h.
  • Pontevedra: concentraciónna Praza da Peregrina ás 20.30 h.
  • Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h.
  • Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...