Novas por contido

Os incendios forestais activos no concello de Ponteareas son un signo da nula política preventiva da conselleira Rosa Quintana Carballo. A CIG demanda medidas urxentes encamiñadas a unha prevención dos incendios forestais en todo o territorio Galego.

Con motivo dos incendios forestais que se están a producir nestes días na provincia de Pontevedra, as excusas perfectas dos máximos dirixentes da Conselleria do Medio Rural e do Mar para saír indemnes das críticas son as de sempre, “moito vento, zonas inaccesibles para os medios terrestres, dificultade para traballar os medios aéreos, etc, etc”

A CIG, e os propios traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia xa estamos cansos das mesmas excusas, pretextos que nos levan a pensar que dende o goberno do Partido Popular non teñen, ou mellor dito, descoñecen como poñerlle freo a lacra dos incendios forestais.

A CIG demándalle á Consellería do Medio Rural e do Mar que tome medidas, con carácter urxente, orientadas a unha política forestal preventiva en todo o territorio da nosa comunidade galega. Unha política preventiva dos incendios forestais que estableza prioridades, primeiramente nas zonas con maior risco de incendios e a continuación no resto do territorio.

Dada a situación de abandono do rural, atopámonos con moita carga de combustible nos montes galegos, motivo polo que é trascendental un traballo coordinado polas diferentes administracións públicas (Xunta de Galicia e concellos). A conselleria non pode esquecerse tampouco das comunidades de montes, propietarias da maioría dos montes e que debido á escaseza de recursos económicos en moitas casos, non conseguen manter as súas propiedades en condicións óptimas para a loita contra os incendios forestais. O binomio Xunta de Galicia e comunidades de montes é fundamental para erradicar dunha vez por todas a lacra que representa os lumes.

A CIG reclámalle a Conselleria do Medio Rural e do Mar que aplique políticas forestais encamiñadas a salvagardar o medio ambiente galego, destinando recursos económicos á tan anunciada prevención, recursos que están sendo dirixidos basicamente á extinción dos incendios forestais na campaña de alto risco. Levamos escoitando dende fai moitos anos atrás que os lumes comezan a sofocarse con políticas preventivas e en épocas de baixo risco, pois ben, a CIG exíselle ao goberno do Partido Popular que se aplique o conto e que dunha vez por todas poña freo á barbarie dos incendios forestais.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...