Novas por contido

O mércores 22 de abril os sindicatos fomos convocados a unha xuntanza con Función Pública para tratar as bases do concurso de traslados de corpos xerais. Na xuntanza recibimos resposta oral ás alegacións que presentaramos por escrito a finais de marzo. Destacamos o seguinte:

  • O único cambio que aceptaron é que van valorar os cursos de protección de datos e os de administración electrónica.
  • Van corrixir un erro respecto do curso escolar na base 6.b), que pasa a ser o curso 2014/2015.
  • Argumentando algúns dos puntos controvertidos, déronos as seguintes informacións:
    • non hai funcionarios/as en destino provisional en ningún corpo/escala,
    • existen duas vacantes abertas a xeral/docentes,
    • hai 15 postos con máis de unha titulación en méritos específicos.
  • Están a valorar a nosa solicitude de aceptar as escolas oficiais de idiomas para os cursos oficiais da Unión Europea.
  • Inicialmente contan con 1664 potos vacantes (o número pode variar se as consellerías retiran algúns por proposta de amortización). Poderían enviarnos a relación de prazas para facer alegacións a finais da semana que ven.
  • Prevén publicar o concurso a finais de maio.

Quedou claro que pouco máis se vai mover, que non haberá máis xuntanzas previas, que o texto que irá á Mesa Xeral vai ser moi similar ao actual. Tamén está claro que non teñen intención de discutir moito máis o encaixe entre os diferentes méritos e o peso relativo entre uns e outros. Tampouco aceptan modificar outros aspectos, algúns simples e outros complexos (por compricación na xustificación documental, por imposicións legais, por antecedentes xudiciais, ou por alteracións nas aplicacións informáticas de Función Pública), como valorar a formación por horas en lugar de facelo por tramos, como diferentes aspectos sobre a obrigatoriedade de participar, algunhas medidas de conciliación que se negan a contemplar, axustar algúns desequilibrios na puntuación... En definitiva, que pouco máis vai cambiar.

Como novidade, se cadra interesante, a fase de resultas vai ser diferente á de concursos anteriores, onde quen desexaba participar na fase de resultas escollía postos a cegas, en base a criterios prefixados (localidade, consellería ou nivel). Neste concurso, calquera funcionario/a interesado/a en participar en resultas deberá solicitar a participación no concurso inda que non teña interese en ningún dos posto da primeira fase; unha vez adxudicados os postos desta fase, a Administración publicará un listado cos postos: vacantes non adxudicados, vacantes como consecuencia da primeira fase, e os postos das persoas que solicitaran participar na fase de resultas. Os e as participantes en resultas procederán entón a seleccionar aqueles postos da mencionada relación que sexan do seu interese. Inda que moitos dos postos finalmente non se adxudiquen (por exemplo, porque os seus titulares non os deixen vacantes), gañamos que non escollemos a cegas, e gañamos que a adxudicación de prazas vaise producir ata o límite das posibilidades existentes, co que quedarán menos prazas "interesantes" vacantes.

Para rematar, insistimos na necesidade de chegarmos ao concurso anual, tal e como establece a Lei que os dirixentes políticos  aprobaron no Parlamento.

Descargar borrador.

Outras novas recentes

Venres, 12 Decembro 2025

Por unha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público

A CIG-Autonómica chama a unha concentración diante do Parlamento da Galiza o vindeiro martes 16 de decembro ás 11 horas pola defensa dunha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público. Denunciamos a situación de empobrecemento que sofre o persoal e o deterioro contínuo dos servizos públicos.Nos últimos anos, as políticas liberais impulsadas...
Venres, 05 Decembro 2025

A inspección de traballo actúa de novo no CIAM

A CIG interpuxo demanda ante a inacción da dirección do CIAM en PRLA Inspección de Traballo confirma que na unidade de lactación do CIAM existía desde 2019 – 2021 unha avaliación de riscos que xa identificaba o mal estado dunhas cubertas de fibrocemento e propoñía a súa reparación. A pesar diso, non se actuou durante anos, deixando ao persoal traballador exposto a diario a...
Xoves, 11 Decembro 2025

Ante a tomadura de pelo de Política Social, chamamento á manifestación o sábado 13 ás 11 na Alameda compostelana

Na xuntanza do mércores 10 de decembro da Comisión de Seguimento do acordo de Política Social a Consellaría lonxe de ofrecer solucións, perpetúan a burla que se está levando a cabo co acordo, parecendo máis ben unha tomadura de pelo. A poucas horas da reunión da Comisión de Seguimento, a Consellería envía a documentación base que é practicamente a mesma que xa entregara...