Novas por contido

ATENCIÓN: O listado que podes descargar é de data 5/5/2015. Comunícanos Función Pública que o listado anterior, de 4/5/2015, non contiña as alegacións da consellería de Facenda.

Achéganos Función Pública a relación de postos vacantes que poderían ofrecer na primeira fase do concurso de traslados de corpos xerais.

Descargar prazas do 5/5/2015.

Como podes comprobar, algún dos postos xa teñen alegacións das consellerías, e a resposta de Función Pública.

Temos de prazo ata o xoves 7 de maio para facer alegacións, así que se observas que falta algún posto, ou queres achegar calquer cousa, podes escribirnos ao enderezo autonomica@cigadmon.gal. Como nos vai ser dificil respostar aos correos recibidos (prevemos que serán moitos e temos poucos días para preparar as alegacións), queremos que saibas que todos eles van ser lidos e trasladados ás persoas encargadas deste asunto pola CIG.

Outras novas recentes

Xoves, 07 Mai 2026

A CIG denuncia ao Consorcio por prácticas irregulares na xestión de nóminas

 O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da...
Luns, 11 Mai 2026

Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Medio Rural (xuntanza do 24/04/2026)

O 24 de abril de 2026 fomos convocadas á xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) da Consellaría do Medio Rural, cun atraso de máis de 3 meses. Nela tratamos as actuacións nos laboratorios de sanidade animal; a avaliación da maquinaria e o acordo da mesa de traballo da roupa de Agacal; as deficiencias das oficinas agrarias comarcais; a planificación...
Venres, 08 Mai 2026

A Consellería do Medio Rural volta aos erros do pasado e crea un reforzo de persoal do SPIF a través de SEAGA

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións. Dende a CIG Autonómica non...