Boletín CIG Saúde Laboral Nº 14. Publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.
Na súa deriva discriminatoria cara ao persoal, a Xunta leva tempo facendo propostas de subas de niveis a cachos e onde lle peta. Vimos de rexistrar unha petición para que fagan dunha vez por todas un estudo serio da estrutura de postos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que está completamente obsoleta e cuns niveis mínimos inferiores a outras...
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Mesa Xeral e Mesa Sectorial para discutir as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG: Corpo superior-A1. Acceso libre. 60 prazas. Oposición. Descargar Corpo de xestión-A2. Acceso libre. 57 prazas. Oposición. Descargar Corpo...