Novas por contido

Visto o incumprimento da consellaría de Facenda, dirección xeral da Función Publica, no que a execución do V convenio colectivo se refire, o comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza, na súa xuntanza de pleno ordinario, celebrada o 09/06/2015, acordou por unanimidade achegar petición aos responsables sindicais na administración da Xunta de Galiza de CCOO, CIG, UXT e CSIF para que adopten a decisión de participar activamente na mobilización convocada polo comité intercentros para o Martes, 23/06/2015, entre as 10:30 e as 12:00 horas e que consistirá nun acto de concentración e protesta diante do edificio administrativo da xunta de Galiza, coa reivindicación dos seguintes aspectos:

1.Convocatoria inmediata do concurso xeral de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galiza, tal como así esta recollido no art. 7.2.a). O pasado ano, o director xeral da Función Publica comprometeuse con este comité intercentros á convocatoria do concurso ao longo do terceiro trimestre do 2014. Compromiso que volveu  a incumprise neste primeiro trimestre cando iniciada a negociación das familias profesionais que posibilitaran o concurso aberto, función publica presentou unha proposta de amortización, supresión e reorganización de categorías que imposibilitaría  o concurso para os postos de traballo susceptíbeis de funcionarización tendo en conta a disposición adicional novena da Lei do Emprego Publico de Galiza pola que se crean as escalas de servizos sociais.

As declaracións de función publica nas distintas mesas de negociación, RPTs, traslados persoal funcionario, deixan caer que haberá concurso traslados de laborais unha vez que se acorde a amortización e supresión das categorías susceptíbeis de pasar a escala de servizos sociais.

2. Reversión da Lei 1/2012 de medidas do emprego público pola que se suspenderon os arts. 19 agás a alínea 1, o 29 de dereito a comedor, o 34.2 e a disposición adicional terceira

3. Derrogación da disposición adicional decimo cuarta da Lei 1/2014, de 19 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galiza para o ano 2015, pola que se suspende o art. 19 do convenio colectivo así como o primeiro parágrafo do punto 3.3.8 do acordo polo que se establecen as condicións especiais de traballo do persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza.

Por todo isto, prégase a súa participación activa para a denuncia dos incumprimentos da dirección xeral da Función Publica na execución do pactado no convenio colectivo asi como pedir a reversión dos articulo do convenio suspendidos tanto pola lei de medidas do emprego publico como pola lei de orzamentos para este ano.

Outras novas recentes

Mércores, 30 Setembro 2026

Erros na elección de destino en C1-C2-AP de mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza

A Xunta publicou en DOG o mércores 30 a convocatoria para a elección de destino de diversas escalas de C1-C2-AP (mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza). Inmediatamente detectamos numerosos erros na relación de postos ofertados, incluíndo códigos repetidos, polo que falamos con persoas responsábeis da Dirección Xeral de Emprego Público e...
Mércores, 30 Setembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de varias escalas do subgrupo C1, C2 e da agrupación profesional

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento...
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...