Novas por contido

Achegounos Función Pública un borrador dunha nova resolución pola que ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, para que presentemos alegacións antes do venres 27 de novembro e posterior negociación.

O novo texto substitúe á anterior resolución publicada no DOG do 20/03/2013 e posterior adaptación á Lei do Emprego Público de Galiza de xullo do 2015, incorporando tamén a Resolución (DOG 19/10/2015) pola que recuperamos parte dos dereitos que nos roubaron (días de vacacións e asuntos propios por antigüidade).

As instrucións son de aplicación ao persoal funcionario de laboral da Xunta e dos entes instrumentais. No caso do persoal funcionario teremos que discutir o ámbito de aplicación pois hai conflito nalgún colectivo.

Respecto da regulación anterior, eliminan a posibilidade de gozar ata seis días de vacacións como se fosen dias de asuntos propios. Introducen os días de vacacións e asuntos persoais por antigüidade. A asistencia a “cursos de formación do persoal” non os consideran “probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público”, polo que concederán o “tempo imprescindíbel”, non o día completo. Manteñen a penalización ás persoas que teñan flexibilidade familiar, no sentido de que teñen que recuperar o tempo usado para o cumprimento de deberes inescusables ou os deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis a asistencia a consultas médicas.

A regulación é moito máis ampla que as liñas aquí narradas. Se queres aportar algo, estamos a túa disposición en autonomica@cigadmon.gal

 

Outras novas recentes

Mércores, 18 Febreiro 2026

Listas de substitucións do Servizo de Prevención de Incendios Forestais: convocatoria para realizar as probas físicas

No DOG do 18/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan para realizar as probas físicas as persoas aspirantes integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías e escalas e especialidades da Administración da Comunidade...
Venres, 13 Febreiro 2026

Incumprimento de ratios. Un maltrato continuado

A Consellaría de Educación segue incumprindo as súas propias normas coas ratios do persoal non docente dos centros de ensino públicos do país.Desde a CIG levamos tempo denunciando unha situación que xa non é puntual. Trátase dun modus operandi consolidado da Consellería de Educación.  Cando a ratio baixa e o número de alumnado queda por debaixo do limiar establecido, a...
Mércores, 18 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación contínua

No DOG do 18/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta...