Novas por contido

En connivencia con Función Pública e a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral

Como xa comentamos aquí, hai algúns sindicatos que non dubidan en recorrer a prácticas caciquís e nepóticas para obter patéticas vantaxes dalgún tipo, sacrificando polo camiño a decencia, sentido común e obxectividade con que se debería obrar.
E con tal de favorecer a grupos de presión determinados, son quen de manobrar para burlar un sistema de listas que, con todas as eivas, trata de ser obxectivo, facendo que os chamamentos para técnicos de emprego a través das listas do grupo A2 da Xunta teñan un filtro por determinadas titulacións, favorecendo que a xente que ten aprobado exames de oposicións e tempo traballado quede relegada en favor daqueles que tendo incluso cero puntos pero unha titulación concreta poidan acceder a eses postos.

Xustificando en que teñen que cumprir o pacto de Diálogo Social (asinado en tempos de crise e recortes entre CCOO, UGT, a patronal e a Xunta, é dicir, o PP), Función Pública, a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e a UGT trampean o decreto de listas, sen que no acordo pacto conste que se requiren esas titulacións.
E si existira a necesidade constatada pola Administración de que determinados postos de traballo requiren unha determinada titulación, a Xunta tivo a oportunidade de aproveitar a Lei de Emprego Público para crear a escala de Técnicos de Emprego ou de Orientadores Laborais, ou de instar á creación dunha determinada categoría laboral.
Como mostra de como se moven estas cousas e do papel que a UGT xogou nisto, extractamos aquí un correo que circula, incluso foi repartido en papel, polos edificios administrativos e que foi dirixido por unha das interesadas ao lobby que defende as titulacións específicas:

Asunto: Llamamientos orientadores

Estimados compañer@s!

Nunca me he alegrado tanto de enviaros un mail… ¡¡¡Lo hemos conseguido!!! Tanto la Consellería de Traballo como la de Función Pública han dado marcha atrás y han cambiado la forma del llamamiento, será por titulaciones y si no hay más novedades se espera que lo hagan a finales de mes. Hoy el Director de Función Pública lo ha confirmado en la mesa de personal que se celebró por la mañana con la asistencia de todos los sindicatos.

No me voy a extender explicando cómo fue este proceso, sólo deciros que fue más largo de lo que me esperaba y en ocasiones muy tenso. Hubo semanas en que ya lo daba por hecho y otras en que no veía la salida. Conté con el apoyo incondicional de [NOME DUNHA DELEGADA DE UGT EN SSCC] en la Consellería de Función Pública y de [NOME DUN CARGO DE UGT-GALICIA E MEMBRO DO COMITÉ DE EMPRESA DE PRESIDENCIA EN PONTEVEDRA] en la Consellería de Traballo [EN REALIDADE DE PRESIDENCIA] ambos de UGT. Sin ellos no hubiéramos conseguido nada, son unos negociadores natos y grandes profesionales. Os dejo sus correos por si queréis enviarles un mail de agradecimiento. [NOME DUNHA DELEGADA DE UGT EN SSCC] hizo hincapié en que os dijera que esperaba que alguna afiliación cayera por parte de los orientadores… ahí os lo dejo ;) y os digo que cuantos más afiliados tengan dentro del colectivo de orientadores mejor, por las acciones que podamos llevar a cabo en el futuro.

Gracias a tod@s a los que me apoyasteis, en especial a , conmigo desde el principio, un besazo guapa!!

Bueno, vamos a lo importante, la duración del contrato es de un año. No hace falta que os diga cómo funciona, tenemos experiencia de sobra, pero intuyo que lo acabaremos. Estaremos contratados al amparo del Programa de Activación del Empleo, dirigido a mayores de 45 años y a parados de larga duración. ¿Hay posibilidad de prorrogarlo? Sí. Pero está supeditado a unos objetivos de inserción. Esto es, si se consiguen se puede prorrogar el programa, eso no quiere decir que la prórroga sea automática. ¿Cuáles son esos objetivos? Todavía no se saben, pero irá en función del porcentaje de inserción laboral que consigamos de nuestros orientados. ¿Sabremos algún día ese porcentaje? Puede que sí, puede que no. Igual tratan ese tipo de información como interna. Atención a los del programa de garantía juvenil que ya estáis trabajando desde marzo, os afecta esto en la misma medida, me refiero a lo de los objetivos.

Más adelante os iré pasando la información que vaya consiguiendo. Os deseo a todos mucha suerte, aunque creo que hay muchas posibilidades de que entremos todos los promotores. Los que esteis trabajando, pensadlo muy bien antes de abandonar el empleo, valorad las posibilidades de futuro que tenéis actualmente, ya que esto es por un año.
Aquí estoy para lo que queráis, seguimos en contacto!

Saludos!!

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...