Novas por contido

Na Mesa Xeral do martes 7 discutimos con Función Pública e representantes das consellerías a adaptación da resolución do 12/03/2013 de instrucións de vacacións, permisos e licenzas á nova Lei do emprego público. O asunto vamos tratalo novamente na Comisión de Persoal do venres 10.

Con caracter previo anuncia o Director Xeral da Función Pública que haberá unha xuntanza antes da Comisión de Persoal para falar das alegacións que presentamos os sindicatos e que en todo caso haberá cambios relacionados coa asistencia a exames.

A CIG fai un repaso ás alegacións presentadas por escrito, que resumimos no seguinte:

  • Incorrecta aplicación de enfermidade grave.
  • Clarificar os 22 días de vacacións, en relación á posibilidade de xuntar os días de asuntos propios.
  • Redondeo á alza cando sexa 0,1, e non só cando sexa 0,5.
  • Defendemos a rotación nos permisos cando haxa mesmas circunstancias familiares. Aceptamos a antigüidade para comezar a primeira rotación.
  • Permiso para concorrer a exames: posto que o DXFP anunciou que o xoves proporía uns cambios, adiamos a intervención sobre este punto.
  • Non conformes coa extensión a 24 horas como requisito para xustificar hospitalización.
  • Non aceptamos un tratamento diferencial para persoal de benestar en permiso por lactación.
  • Engadir permiso de acompañamento a tratamentos como radioterapia.

Descargar a proposta de instrucións de vacacións, permisos e licenzas.

Descargar as alegacións presentadas pola CIG.

Outras novas recentes

Venres, 14 Novembro 2025

Concurso de traslados de veterinarias: apertura da elección de postos e xustificación de méritos

No DOG do 14/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...
Xoves, 20 Novembro 2025

Funcionarización do persoal laboral da categoría III-99

Chapuza para consolidar a rebaixa retributiva de 17 postos de traballo Na mesa sectorial celebrada o pasado venres día 14/11 evidenciáronse as costuras rotas do Acordo de concertación social do emprego público de Galiza, asinado pola Administración da Xunta mais CC.OO e UXT,  no que  a funcionarización do persoal laboral se refire. Dezasete postos de traballo de persoal...
Mércores, 19 Novembro 2025

Os bulos de UGT

Cando a Xunta, CCOO e UGT decidiron que perdéramos un ano de carreira (lembra que no 2021 deixaron sen acceso ao grao II aos subgrupos C1, C2 e AP) intentaron xustificalo dicindo que unha sentenza da CIG do 2021 impedira que eles aprobaran no 2020 a convocatoria para o grao II (debía de tratarse dun efecto cuántico que fai que as consecuencias se manifesten antes que a...