Novas por contido

O 24 de abril de 2012 (DOG 02/05/2012), a EGAP convocou novas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan Formativo Ofimático para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

A pesar de que a EGAP dispón de cursos de teleformación para todas as accións formativas que se esixen de cara á obtención da certificación de competencias dixitais de Galicia, no marco do Plan Formativo Ofimático de Galicia, na actualidade os contidos correspodentes aos correspondentes cursos só están dispoñibles para as persoas que resultan seleccionadas para realizar os mesmos na modalidade de teleformación. Porén, os contidos da plataforma de teleformación da EGAP non están dispoñibles para os empregados públicos que se presentan ás citadas probas de avaliación de carácter libre.

Desde a CIG consideramos que non existen razóns que desaconsellen a accesibilidade dos contidos correspondentes ás citadas probas de acceso libre aos empregados públicos seleccionados para a realización das mesmas. Para isto abondaría, por exemplo, con abrir os contidos dos cursos aos empregados públicos rexistrados na plataforma de teleformación da EGAP.

Por estas razóns, en aras de dar cumprimento ao dereito á formación recollido no artigo 14.g) do Estatuto básico do empregado público, a CIG vén de dirixirse á EGAP para que se abra o acceso aos contidos da plataforma de teleformación da EGAP correspondentes ás probas de acceso libre convocadas pola Resolución do 24 de abril de 2012, permitíndolles o acceso aos ditos contidos aos empregados públicos que así o desexen.

Descargar o escrito dirixido á EGAP o 11/05/2012

Outras novas recentes

Venres, 24 Outubro 2025

A CIG reclama unha suba do 5% para o persoal empregado público e unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade  A Área Pública da CIG  compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do...
Luns, 20 Outubro 2025

30 de outubro: en pé por un Servizo de Incendios digno e público!

O persoal do Servizo de Incendios mobilízase o xoves 30 de outubro en Compostela por un servizo público, digno e con garantías laborais. A manifestación saíra ás 11 horas da Consellaría de Medio Rural en San Lázaro e rematará diante do edificio da Xunta en San Caetano. Dende a CIG-Autonómica denunciamos a situación de abandono, desigualdade e mala xestión que padece o...
Mércores, 22 Outubro 2025

Aprobadas as convocatorias de promoción interna de corpos xerais, e modificación puntual RPT PS (CP 21/10/25)

Asistimos á Comisión de Persoal do 21/10/25, onde quedaron aprobadas as bases dos procesos selectivos de promoción interna a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2). Tamén quedou aprobada unha modificación puntual da RPT de Política Social para executar unha sentenza que afecta a tres postos da escala de Traballo Social. Na rolda aberta de intervencións falouse das prazas “con...