Novas por contido

O 11 de abril son as eleccións aos representantes na Xunta de Persoal Funcionario de Ourense. A CIG presenta unha candidatura forte e equilibrada, composta por persoas con ganas de loitar polos servizos públicos da nosa provincia e a mellora dos dereitos laborais do persoal funcionario en Ourense.

O que votes vai marcar a liña de actuación sindical que imos ter na Administración Autonómica nos vindeiros catro anos.

Defendemos os servizos públicos e a súa prestación directa á sociedade, combatendo a súa privatización. Defendemos a mellora progresiva das condicións laborais e de calidade de vida das empregadas e empregados públicos. Defendemos unha nova sociedade sen explotación económica nin opresión política.

A Xunta está a establecer un sistema negociador de talante impositivo, prepotente e de desprezo coa representación sindical dos funcionarios e das funcionarias. Podémolo ver naquelas materias que necesitan a negociación colectiva, intentando corromper os procesos, vinculando a negociación a pactos previos, co manexo torticeiro dos tempos, chantaxeando coas “Comisións de Seguimento” co fin de cortar información e a participación das organizacións “desconformes” que non asinan.

Para a CIG, o primordial non é manter unha boa relación cos que mandan. Rexeitamos converternos nunha correa de transmisión do poder, rexeitamos ser unha organización “pactista”. Pero sabemos negociar e sabemos chegar a acordos. Sempre leais na negociación e sempre firmes.

A CIG ten unha resposta singular. Propoñemos medidas de mellora por riba das pactadas polo resto das organizacións sindicais. Así combatemos os recortes sen renuncias:

  • Novo edificio administrativo para Ourense: único, céntrico, accesible, seguro, habitable e con todos servizos que merecemos os empregados públicos (comedor, escola infantil, sala descanso e maternidade, vestiarios, enfermaría, aparcadoiro e aulas de formación).
  • Condicións adecuadas de habitabilidade, seguridade e accesibilidade para todos os centros de traballo.
  • Acordo e execución dos plans de prevención de riscos laborais e denuncia á inspección de traballo cando non se apliquen.
  • Descentralización de toda a formación e probas da EGAP en Ourense, Verín e o Barco. Axudas de custo para desprazamento no caso de formación só presencial en Santiago de Compostela.
  • Derrogación inmediata da lei dos recortes: a Lei 1/2012 de medidas temporais. Devolución da rebaixa salarial tal e como nola quitaron.
  • Retribucións vinculadas ao IPC e non ao PIB.
  • Ofertas de emprego e convocatorias permanentes, sen taxas de reposición.
  • Cobertura de todas as baixas e vacantes. Supresión da utilización abusiva de empresas privadas.
  • Redución da temporalidade, convocando todas as vacantes e mediante concurso-oposición.
  • Promoción interna, vertical, cruzada e horizontal, a calquera grupo coa titulación necesaria, co 50% das vacantes, en procesos separados do acceso libre.
  • Eliminación das áreas funcionais.
  • Comisións de servizo públicas e limitadas, con criterios obxectivos.
  • Concurso de traslados permanente XA!
  • Eliminación dos concursos específicos.
  • Recuperación do Fondo de Acción Social, con novas axudas e dotación económica suficiente.
  • Xornada de traballo de 35 horas, sen prexuízo das reducións por xornadas diferentes da ordinaria.
  • Fomento da flexibilidade fronte a redución de xornada. Flexibilidade ata os 14 anos do menor e remate do curso escolar.
  • Aumentar ata os 12 meses e igualar os permisos de maternidade e paternidade.
  • Garantía da conciliación e da bolsa de horas positiva.
  • Elaboración e execución do Plan de Igualdade.
  • Carreira profesional sen exclusións e sen avaliación subxectiva. Nova negociación de importes e condicións.
  • Derrogación da reforma das pensións. Xubilación ordinaria aos 65 anos e voluntaria a partir de 35 anos cotizados. Xubilación parcial. Xubilación anticipada con coeficientes redutores.
  • Trienios iguais para todos os grupos equiparados ao grupo A1.

Mesas de votación xunta personal Ourense

A CIG AVANZA CARA A MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO!

 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...