Novas por contido

Os lumes de primavera destes últimos días na Galiza non fan mais que constatar a tendencia das últimas décadas que nos demostran que se intensifican os lumes cando as circunstancias climatolóxicas o permiten. Non estamos diante dun asunto novo, xa que os datos estatísticos dos que dispoñemos - de consulta pública-, permiten entender que o problema dos lumes se desestacionalizou xa fai ben anos.

Un factor determinante a ter en conta é que os bosques galegos dende o 2002 sofren un estrés de humidade moi elevado, case semellante aos do bosque Mediterráneo.

Se lle engadimos outro factor determinante como a elevada intencionalidade dos lumes forestais en Galiza – ronda o 70% e triplica a media de intencionalidade no resto do estado- podemos atoparnos escenarios recorrentes como o que está a acontecer no día de hoxe.

Dende a CIG queremos por en valor en primeiro lugar a capacidade e efectividade do persoal do servizo público de prevención e extinción de incendios diante destas situacións extremas. O comportamento criminal dos incendiarios que en situacións de baixa humidade, alta velocidade do vento e temperaturas altas, incrementan a súa actividade incendiaria dunha forma incomprensible maximizando os perigos e posíbeis danos que poden causar, esixen que as labouras de extinción sexan moi complexas e técnicas.

Un ano mais atopámonos co escenario que presentan os lumes de hoxe, inseridos xa dentro das multiemerxencias- situación advertida dende a CIG con tempo de abondo para que se tivera actualizado ao servizo ás novas circunstancias.

A reacción debe ser o máis rápida posíbel - ratio de + - 20 minutos-, e de calidade, é dicir chegar co persoal e equipación axeitadas para poder atallar o lume na súa fase incipiente. De non producirse o control neste primeiro ataque, e determinadas situacións o lume pode derivar nunha multiemerxencia complexa e moito máis difícil de xestionar, por moita potencia de extinción que ten o SPDCIF estas situacións desbordarían a calquera dispositivo, sendo o noso posiblemente o máis eficaz do estado. 

A administración ven de declarar o alto risco dirixido a todo o operativo “persoal laboral e funcionario” do SPDCIF.

Dende a CIG alertamos que diante do escenario dos actuais lumes forestais non é suficiente contrarrestar con propostas estacionarias.

Dunha maior profesionalización e dunha resposta moi áxil dependerá tanto o éxito das operacións contra incendios como a salvagarda dos recursos forestais e a seguridade da poboación civil.

Para elo dende a CIG fixemos unha proposta de reordenación do dispositivo na que diante de situacións derivadas de emerxencias no medio rural, moi frecuentes na Galiza cos lumes forestais- poder atenuar e minimizar parcialmente a situación a que nos enfrontamos.

Evidentemente aportamos solucións técnicas na extinción, sendo conscientes de que nos enfrontamos a un problema de carácter estrutural, imposíbel de atallar ao 100% con medias exclusivamente do terreo da extinción.

Por todo elo REITERAMOS, REITERAREMOS QUE O SPDCIF E UN SERVIZO DE EMERXENCIAS DURANTE TODO O ANO E POR ELO DEBE ESTAR OPERATIVO O 100% CON TODOS OS MEDIOS DISPOÑÍBEIS COAS TEMPORALIDADES MÍNIMAS QUE RECOLLE O V CONVENIO COLECTIVO .

Outras novas recentes

Mércores, 29 Outubro 2025

Boletín CIG Saúde Laboral nº 63: radón nos centros de traballo

Poñemos ao teu dispor o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 63, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega. Contidos:         O radón Municipios prioritarios Metodoloxía Medicións Informes de resultados Descarga boletín 63 de Saúde laboral Está a túa...
Martes, 28 Outubro 2025

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2, C1 e C2

No DOG do 28/10/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...
Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.  9PxCsuxB4cQ   Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación...