Novas por contido

O 3 de maio de 2018, as catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral (CIG, CCOO, CSIF e UGT) presentamos conxuntamente ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural unha solicitude para abrir a mesa de negociación para a actualización do acordo de condicións de traballo do persoal técnico da Consellería do Medio Rural vinculado á prevención e á extinción de incendios.

O cadro deste persoal data do ano 1999, cando non existía a Lei de incendios de Galiza, a Lei de montes de Galiza, a certificación forestal dos montes de xestión pública... Nos últimos anos, o desenvolvemento da normativa sectorial forestal obriga a este persoal técnico a fiscalizar cada vez máis a xestión do territorio. A diversidade das funcións, agravada no caso dos técnicos e xefes de distrito, e a carga de cada unha delas son obxectivas e cuantificables en obras proxectadas, en direccións de obra e en aproveitamentos forestais executados en montes de xestión pública, en expedientes de axudas públicas, en convenios con concellos, en investigacións de causas dos incendios forestais, no número de solicitudes de aproveitamentos privados fiscalizados, na xestión de medios nos centros de coordinación, na dirección de extinción de incendios forestais, na divulgación forestal para diferentes colectivos mediante charlas e actividades, nas tarefas de extensión forestal ao informar aos cidadáns e,
en definitiva, na sistematización e rigor no control do cumprimento da normativa sectorial forestal.

O acordo polo que se rexe este persoal para a realización do traballo na época de máximo risco de incendios entrou en vigor en 2008 e aínda que está prorrogado tacitamente, non se actualizou desde a súa sinatura, o que provoca un desfase considerable entre as condicións de traballo e as circunstancias legais e económicas do momento actual.

Esíxese que se consideren como horas de traballo efectivo as 500 horas nocturnas anuais que fan os técnicos forestais por riba da carga horaria doutros funcionarios, como marca o dereito comunitario, así como o cumprimento da normativa laboral en relación a horas traballadas e descansos semanais dos xefes dos distritos.

Demándase unha reorganización das condicións de traballo do persoal técnico vinculado ao SPDCIF cun aumento substancial dos efectivos do persoal técnico funcionario que permita atender as múltiples tarefas que esixe a normativa sectorial forestal, cun número de días de descanso e de vacacións adecuado e cunha mellora das retribucións. Demándase tamén unha oferta de emprego público de todas as vacantes, así
como a segunda actividade e coeficientes redutores. 

Despois dun ano, a dilación da apertura oficial da mesa de negociación amosa unha absoluta falta de respecto ao servizo público que exercen os técnicos forestais vinculados ao SPIF e aos propios traballadores.

Por iso convocamos un acto reivindicativo o vindeiro 16 de maio de 2019 ás 10:30 na Xunta de Galiza, en San Caetano (Santiago de Compostela). 

Outras novas recentes

Martes, 22 Xullo 2025

O noxento complemento específico do persoal das asesorías xurídicas e da escala técnica e superior de finanzas segue o seu trámite!

Sen ningún tipo de negociación, sen achegar nin un só documento que indique en que se modificou substancialmente o traballo das asesorías xurídicas, intervencións e xefaturas de servizo ocupadas polas escalas superior e técnica de finanzas, a suba a través do complemento específico de entre 3.500 € e 6.100 € segue adiante, sen pudor nin rubor. Créase unha pseudocaste…...
Venres, 18 Xullo 2025

Educación négase a negociar as condicións de traballo do seu persoal de centros de ensino

A Consellería de educación escúsase nos procesos selectivos en marcha e no persoal docente para non negociar un Acordo para o Persoal de Administración e Servizos dos centros de ensino, nin a crear unha estrutura profesional nas cociñas. Na Comisión de Persoal do xoves 17 de xullo de 2025, a CIG volveu a insistir na necesidade de negociar un Acordo de condicións de...
Mércores, 23 Xullo 2025

A titulación do persoal de cociña esgánaselle a Función Pública

Diante das incoherencias da Administración galega acerca de cal vai ser a titulación que se recoñeza para acceder aos procesos selectivos das categorías de cociña, a CIG solicitou resposta escrita á Dirección Xeral de Función Publica e Administración do Persoal, polo cambio introducido nas recentes convocatorias dirixidas ó persoal das cociñas da Xunta, e especialmente á...