Novas por contido

O pasado mércores 8 de outubro celebrouse a Mesa de diálogo de SEAGA onde se trataron os seguintes temas:

1- Confirman a ampliación do período de traballo do persoal descontinuo até o 12/12/2025.

2- Despois de moito reclamalo vaise comezar a negociar o Plan de Igualdade. Xa están nomeadas as persoas para a mesa negociadora. Seaga contratou unha empresa para que lle faga o traballo, polo que imos que estar moi atentas ao que propoñan.

3- Formación:

Vanse celebrar dous cursos prácticos por Provincia este ano, un de Motoserrista (8 prazas) e outro de traballo en taludes (10 prazas).
Estase preparando un convenio coa EGAP para realizar 6 cursos: follas de cálculo, tratamento de textos, galego, intelixencia artificial, autocad e igualdade.

4- Negociouse a mellora do Acordo de permisos e licenzas. Aínda quedan flecos, pero acordamos estas melloras:

  • Os días de vacacións anuais incrementaranse en función dos anos de servizo na Empresa, 15 anos = 23 días hábiles; 20 anos = 24 días hábiles…
  • Increméntanse os días de permiso en casos como os de falecemento de familiar
  • Inclusión de permisos para acudir a titorías no Centro educativo das fillas/os, ampliación do acompañamento a centros médicos para as fillas/os menores de idade
  • Engádense dous novos días de asuntos propios para aquelas traballadoras e traballadores cando cumplan o seu 5º Trienio.
  • Permiso de forza maior, retribuído ata 4 días ao ano, poderase fraccionar en horas, non así os AP.
  • Regulación dos distintos tipos de Excedencias.

5- Convenio Xestión Biomasa.

Despois da vaga de lumes forestais deste verán agora lémbranse de que teñen que facer algo. E como non teñen pensado modificar nin o máis mínimo a súa visión do territorio que administran como unha finca privada da que sacar diñeiro con especies pirófitas, recorren ao Convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

A finais do 2024 caducou o anterior convenio, que se viña prorrogando desde 2018, e até o 30 de maio deste ano non se publicou o novo, co cal durante os primeiros meses deste ano non houbo convenio que executar. Non é o único fallo de xestión do goberno da Xunta de Galiza no que se refire á prevención dos incendios forestais, pero tampouco axuda a imposibilidade de retirar a biomasa do perímetro das vivendas das “parroquias priorizadas” (aquelas con maior risco de incendio) nos meses previos á devastadora vaga de incendios deste verán.

Agora volven tirar do Convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias igual que fixeron no 2018 despois do fatídico 2017, para xustificar que fan algo. Están a negociar entre a Xunta (Consellaría do Medio Rural), FEGAMP  e SEAGA un novo convenio con vixencia de 4 anos. E anuncian a duplicación do orzamento, co que pasariamos de 12,5 millóns de euros anuais a 25 millóns. Isto supón un incremento notábel do cadro de pesoal, pero, aínda que aseguran o inicio da súa aplicación para principios do 2026, non teñen definidas nin sequera as necesidades.

Desde a CIG fixemos fincapé en que o primeiro que teñen que facer é converter todas as prazas fixas-descontínuas en prazas de todo o ano.

6- Apertura de listas de contratación.

Está aberto até o 31 de outubro o prazo para actualización de méritos ou incorporación ás listas previas de persoal temporal: https://www.epseaga.com/gl/ofertas-emprego

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...