Novas por contido

Medio Rural acumula varios incumprimentos polas eivas no servizo de incendios forestais.

A CIG-Autonómica reuniuse o martes 30 de xullo na Coruña co director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social (INTSS) de Galiza para solicitarlle que a Xunta de Galiza cumpra cos requirimentos realizados pola propia Inspección en materia de seguridade laboral. 

Cómpre lembrar que a Xunta de Galiza acumula incumprimentos dos requirimentos da Inspección de Traballo en materia de seguridade e saúde laboral, emitidos tras das denuncias feitas pola CIG no INTSS a causa das grandes eivas de seguridade que se rexistran no servizo de incendios forestais.

A día de hoxe o persoal bombeiro forestal da Xunta de Galiza carece de máscaras de protección axeitadas, equipos de auto-rescate de osíxeno químico, alimentos de asimilación rápida para salvagarda de episodios de fatiga extrema, luces de emerxencia para os vehículos (V1), intercomunicadores, cursos de formación en materia de seguridade (vehículos todoterreo), etc.; malia que todas estas cuestións foron requiridas en varias ocasións polos inspectores/as de traballo do INTSS. De todos estes requirimentos que comezan en abril de 2017 só se lle entregaron aos traballadores e ás traballadoras as fichas F01 (unha simple fotocopia con medidas correctoras para o persoal).

10 anos pelexando para que a Consellaría cumpra coa normativa vixente

A CIG-Autonómica leva máis de 10 anos pelexando para que se realicen as pertinentes avaliacións de riscos dos postos de traballo e pola aplicación dos plans de acción e das súas medidas preventivas. Neste caso concreto a dirección da Consellería de Medio Rural é directamente responsábel das eivas na seguridade do seu persoal e incluso se atreve a incumprir as indicacións da Inspección de Traballo.

Ante o desleixo que mostra a Xunta de Galiza acudimos ao director territorial da Inspección, Demetrio Fernández para exporlle a situación e solicitarlle que actúe na protección da seguridade e da saúde do persoal.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...