Novas por contido

O plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galiza (PLADIGA 2019), foi aprobado polo consello da xunta do 2 de maio, e o Presidente Feijoo fixo público o documento cos datos dos medios humanos dispoñibeis para a campaña de alto risco de incendios forestais que comenzou o pasado 1 de xullo.

Nese documento detállase unha cifra que chega aos 7.000 efectivos para a loita contra o lume, homes e mulleres que pertencen a medios propios da Xunta de Galiza, concellos, ministerio de medio ambiente, exército e forzas e corpos de seguridade do estado.

En canto aos medios propios da Administración autonómica -SPIF- dende a CIG temos que denunciar un ano máis a falta de persoal tanto de bombeiros/as forestais en brigadas como carencia de persoal nos puntos estratéxicos de vixiancia e emisoristas nos distritos.

No que se refire as brigadas forestais, atopámonos con bombeiros forestais condutores de baixa laboral e/ou con permisos por paternidade ou maternidade entre outros, producindo que ditas brigadas en moitos días de traballo no alto risco estén inoperativas, tendo que o centro de distrito ubicar aos bombeiros forestais con condutores de autobomba minorando a capacidade do dispositivo.

Cos puntos fixos de vixilancia, máis do mesmo: polo ano 2012 tiñamos unha rede de 106 puntos de vixiancia fixa no territorio de Galiza, dos cales as principais tiñan persoal abondo para cubrir as 24 horas no periodo de máximo risco de incendios forestais. Estando actualmente formada por tan so 44 puntos de vixiancia fixa operativos en toda Galiza, estes 44 non están operativos as 24 horas. Están pechados a maioría dos días de 8 a 16 horas. A maiores da carencia de persoal para cubrir as 24 horas de vixiancia en máximo risco de incendios, os vixiantes son destinados a realizar labores de emisoristas nos Centros de Coordinación de Distrito, tamén por falta de persoal para cubrir as 24 horas algúns días.

O principal desencadeante desta mingua de personal é que a Consellería do Medio Rural non cubre baixas, vacacións nin permisos do persoal, polo que atopamos brigadas con un so compoñente e casetas de vixilancia pechadas.

O Servizo público de prevención e extinción contra incendios forestais -SPIF- ten a consideración de servizo público de intervención e asistencia en emerxencias de protección civil, dacordo co recollido no artigo 11 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do sistema nacional de protección civil. Polo tanto, non é de recibo que un servizo de emerxencia non teña cubertas as súas quendas de traballo, en tódolos seus postos. Estamos a falar da época de risco extremo de incendios forestais, na que a Xunta de Galiza debera pór todos os medios para que o dispositivo do SPDCIF non mingue a súa operatividade e efectividade.

A CIG esixe a cobertura total de tódalas prazas que dispon o Servizo Público Contra Incendios Forestais - co persoal das listas de contratación- e que se cubran as baixas, vacacions, permisos e licencias neste servicio de emerxencias, para así acadar tanto a mellor protección do noso territorio galego, como unha maior seguridade e efectividade do propio dispositivo, neste período de alto risco no que nos atopamos.

Outras novas recentes

Martes, 27 Xaneiro 2026

Oposicións SPIF. Concursos de traslados pendentes (CP 26/01/26)

Asistimos á Comisión de Persoal do luns 26 de xaneiro. Os puntos da orde do día eran uns procesos de SPIF (concurso-oposición e estabilización). Na rolda aberta de intervencións, a CIG pediu información do estado dos concursos de traslados e a previsión dos que están pendentes. PROCESO SELECTIVO DE XEFE/A DE BRIGADA-B E BOMBEIRO/A FORESTAL-C2 Son procesos de...
Venres, 23 Xaneiro 2026

Discriminación entre o persoal na compensación pola asistencia aos Consellos Escolares dos IES

A Consellaría de Educación segue a actuar de xeito discriminatorio nos centros de ensino públicos de Galiza, actuando ante un mesmo feito causante de xeito diferenciador, constatándose así a existencia dun persoal de primeira, docente e un persoal de segunda, non docente.Por un lado, o persoal docente con responsabilidades directivas ou de coordinación, terán como máximo,...
Venres, 30 Xaneiro 2026

Segue o caos nas nóminas do Consorcio

A nómina, que se entenda O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir adecuadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi nomeado. É imperativo salientar que esta deficiente xestión afecta, engadindo ao persoal substituto, a máis de 2000...