Novas por contido

O xoves 16 de xaneiro de 2020 acudimos a unha reunión co director de función pública para tratar o Anteproxecto de Lei de Impulso Demográfico de Galicia. No anteproxecto faltan medidas específicas dirixidas á fixación de poboación no medio rural e costeiro con pouca poboación, garantindo servizos e prestacións similares ás zonas máis poboadas. É necesaria unha descentralización que garanta os criterios de proximidade e de fixación da poboación nas zonas pouco poboadas, como o acceso de toda a cidadanía aos servizos básicos con independencia das súas condicións e características persoais e sociais.

Recolle medidas que xa existen como a tarxeta benvida, o bono concilia, bolsa de horas e engádelle moitos bos propósitos sen concretar. É un claro exemplo de propaganda... seica se aproximan as autonómicas! Feijoo xa está en modo campaña!
Deixa moito no aire e non fai propostas concretas. Desde a CIG fixemos varias achegas:

  • Garantir as medidas derivadas do Plan de Igualdade da Xunta de Galiza (día de hoxe non está elaborado),é necesario impulsar medidas de flexibilización e conciliación nos servizos públicos rurais e de vilas e cidades interiores da Galiza.
  • Garantir uns adecuados servizos públicos nas áreas rurais dotando de medios persoais adecuados as oficinas e centros periféricos, de ensino, comarcais…
  • Medidas compesantorias para os traballadores públicos que viven ou traballan no rural ou localidades afastadas.
  • Non se mencionan mecanismos para a salvagarda do dereito das persoas traballadoras, tamén na Administración, con responsabilidades familiares, particularmente a muller, á formación presencial ou á promoción profesional, como o establecemento de horarios das actividades formativas e das actividades profesionais compatíbeis (horarios de xuntanzas de traballo etc.).
  • Emprego da lingua galega por parte do persoal dos servizos públicos especialmente, no ámbito rural, na relación coas persoas usuarias.
  • Na lei falan de medidas para favorecer as familias de especial consideración pero non existe ningunha referencia as familias do persoal empregado publico. É necesario recuperar o Fondo de Acción Social do 2010, ampliar a súa asignación orzamentaria e incluír novas axudas que as apoien e favorezan.
  • Solicitamos medidas específicas destinadas aos traballadores públicos membros de familias especial consideración, por exemplo: a) Axudas económicas b) Gratuidade en instalacións deportivas, recreativas e museos  da Xunta de Galicia.
  • Posibilitar e impulsar a formación presencial continuada do persoal empregado público das zonas afastadas, desistindo da centralización na EGAP. No caso do persoal de servizos comarcais e centros de ensino promoverase a súa formación con medidas de apoio (transporte, substitución…) que fomenten  a súa participación nas actividades formativas.
  • Impulso da flexibilidade no sector público autonómico que inclúa ao persoal a quendas, con xornada especial ou partida (m/t) e persoal de centros periféricos e con atención ao público.
  • Estudo das necesidades de conciliación por centro de traballo. Desta forma evitase por parte deste persoal ter que solicitar a redución de xornada para conseguir a concreción horaria que desmonta as carteleiras de traballo e produce ademais dunha discriminación salarial problemas organizativos nos centros de traballo.
  • Garantir facilidade para poder teletraballar a maior parte das xornadas da semana (en moitas cosas non se está concedendo máis dunha xornada a semana, aínda que no decreto que regula o teletraballo se contemplan ata 3, de acordo aos datos de FP a media está en 2).
  • Permitir flexibilizar a xornada laboral con absoluta liberdade dentro do horario de referencia, con cumprimento de todas as horas de traballo aplicábeis en cómputo mensual, permitindo a acumulación de xornadas e eliminando a presenza diaria obrigatoria.
  • Bolsa de horas positiva para conciliación de , de forma que se acumulen as horas realizadas para poder consumir con posterioridade e en computo anual (e aumentar ao 10%).
  • Bolsa de horas independente da de conciliación familiar, para todo o persoal de consumo trimestral e positiva.
  • Estender os dereitos de conciliación tamén aos maiores que non conviven no fogar.
  • Horario de verán para tódolos empregados públicos dende o 1 de xuño ao 30 de setembro independentemente do centro de traballo (con redución proporcional para todo o persoal de redución horaria).
  • O horario de verán será de aplicación automática para o persoal. Para o que traballa a quendas ou horario especial, xornada partida etc estableceranse medidas de compensación alternativas.
  • Dotar os edificios administrativos e centros de traballo dos servizos necesarios para favorecer e facilitar a conciliación: salas de lactación materna, xantar (comedores), descanso e coidado dos cativos e cativas en horarios de maña e tarde (escolas infantís e ludoteca). Mentres non se implanten estes servizos promoveranse convenios asistenciais en distancias inferiores a 1 km centro de traballo.

Ante as nosas alegacións o director de FP responde que trátase dun lei que trata aspectos xerais e este tipo de cousas son para desenvolver máis tarde en regulamentos e decretos. Preguntámoslle ¿por qué modifica temas tan concretos como os ratios dos centros de menores e escolas infantís? Unha lei de impulso demográfico non é o instrumento axeitado para modificar as ratios definidas no decreto 329/2005, ten que ser obxecto de negociación colectiva noutro ámbito de actuación.

En xeral, parece que función pública non vai aceptar ningunha alegación, só pequenas variacións ao texto matizando algún artigo.En resumo: unha oportunidade perdida en avanzar na igualdade real, conciliación corresponsable e sobre todo no impulso demográfico de Galicia.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Xaneiro 2025

Promoción interna dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 de corpos xerais: listaxes provisionais de admitidas

Máis dun ano despois de convocados (22/11/2023), a Xunta publica no DOG do 02/01/2025, os listados provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, nos seguintes procesos: - RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se...
Martes, 07 Xaneiro 2025

Xubilación parcial, decepción total: CCOO e UGT ou ocultan o que pactan ou non pactan nada

CCOO e UGT levan dende marzo anunciando un “inminente acordo” sobre melloras na xubilación do persoal funcionario que ao final quedou nun bluf Incluso recentemente mandaron un aviso a navegantes: “todos e todas pendentes que está ao caer un acordo sobre xubilación parcial”. E resulta que o tan cacarexado acordo non é máis que o enésimo anuncio de que acordaron que “se...
Martes, 31 Decembro 2024

Oferta de emprego público do sector público autonómico para o ano 2024

No DOG do 31/12/2024 publican o DECRETO 198/2024, do 27 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2024. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades...