Novas por contido

Seguimos a reclamar a protección e seguridade para todo o persoal de Política Social.

- Constitución do novo Comité: Procedese a constitución do novo Comité de Seguridade e Saúde Laboral facendo a integración do Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar estando presente na videoconferencia, por parte da Administración, representantes do Consorcio.

- Directiva (UE) 2020/739: Dende a CIG reclamase unha aplicación da nova directiva onde se contempla a inclusión de SARS-CoV-2 como patóxeno humano do grupo de risco 3, e se realice unha revisión das avaliacións feitas adaptándoas a esta directiva, ao que se resposta que de momento non é de aplicación nacional polo que imos ter que esperar a que se faga efectiva.

- Centros Consorcio con inminente apertura: comunícaselles que os centros non están preparados, non hai material de protección, xeles hidroalcólicos,... aclaran que o compromiso é que para esa data todo isto estea arranxado. Tamén se lles fala da falta de entrega de uniformidade, en algúns centros pendente dende o ano 2017, a falta de adaptación dos centros e a necesidade de contratar máis persoal para dar cumprido os protocolos establecidos, xa que cos existentes non é posible, como pode ser o caso do colectivo de PSX aos que se lle incrementa considerablemente as súas tarefas, porque nun papel quedan ben, pero o complicado é levalo a práctica. Acordaron mirar todos estes temas e reforzar se era necesario, que xa trataran o tema, ou modificar nos centros o que se considerase oportuno.

- Imposibilidade de manter as distancias de seguridade: Segundo o recollido nas avaliacións de risco biolóxico polo Covid-19, a indicación que se repite de forma xenérica é o uso de mascarilla cirúrxica ou hixiénica e garantir a distancia de seguridade, pero en moitos dos centros pertencentes a C. de Política Social, polo tipo de usuarios os que se atende, moitos deles encadrados nos supostos de excepción da obrigatoriedade de uso de mascarilla, é inviable manter esta distancia, polo que dende a CIG reclamamos que se mude esta indicación pasando a ser necesario o uso de unha mascarilla Ffp2 cando non é posible manter a distancia de seguridade con un usuario que non pode usar mascarilla. Ao que nos contestan que esas son as indicacións que da Sanidade e as avaliacións téñense que rexer por esas normas.

- Persoal vulnerable pendente de informe de valoración de risco: A CIG pide que todo o persoal sensible que non se incorporou o seu posto de traballo e esta pendente de contestación a súa solicitude, non teña que incorporarse ata que se reciban a mesma, pero o representantes do Consorcio din que as valoracións do persoal dos Centros de Día están todas feitas, pero o persoal que se considera que non ten risco para acudir ao seu posto de traballo non vai recibir contestación, de todos xeitos van volver facer unha revisión das solicitudes.

- Material de protección: Exponse a mala calidade dos guantes que se está a entregar ao persoal ultimamente e pídese que se supervise isto, recordase o tratado no anterior comité que chegado o verán con un aumento considerable das temperaturas unha mascarilla cirúrxica por quenda non é suficiente xa que se deterioran moito antes, e as recomendacións son non usar máis de 4 horas.

- Sistema de ventilación: Todos os sistemas de ventilación que precisen filtros, asegurarse de que os que se están empregando sexan os axeitados.

- Empresas limpeza externas: Preguntase se as empresas de limpeza externas están ao tanto dos protocolos de actuación elaborados pola Xunta, ao que responden que si que deberían estar ao tanto e seguir as mesmas indicacións.

- Formación persoal: Séguese a incidir, como no anterior comité, na necesidade de formación para todos os colectivos e centros. Seguen traballando no asunto.

- Escolas Infantís do Consorcio: Está a haber problemas cos termómetros subministrados en algunhas escolas, xa que todos rexistran febrícula, e coas alfombras desinfectantes que o parecer hai en algúns centros pero non teñen idea de usalas ata setembro, cando xa nestes momentos está entrando xente externa ao centro. Quedaron de arranxar o problema.

- Realización de test de detección de Covid-19: Dende a Administración comunícannos que Sanidade está a facer test de cribado nos centros, e que hai persoal que se nega a facelo; sabemos que non se pode obrigar a ninguén, pero consideramos que na situación que estamos non é unha aptitude responsable, así que polo ben de todos solicitamos que ao persoal que llo propoñan realice o test. Aproveitamos para pedir que se realice o test a todo o persoal que empeza de novo, pero contestan que é Sanidade a que determina iso.

SEGUIREMOS INSISTINDO !!

Outras novas recentes

Martes, 25 Novembro 2025

25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Ante o 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a secretaría das Mulleres da CIG lanza unha campaña para denunciar a permisividade das condutas machistas nas institucións públicas, reclamar que se revertan os recortes en materia de igualdade aplicados pola Xunta de Galiza e a posta en marcha dun plan galego pola igualdade. Tras...
Xoves, 20 Novembro 2025

O PP presenta unha emenda que reescribe pola porta de atrás os procesos selectivos do SPIF

O Grupo Popular do Parlamento de Galiza meteu na Lei de medidas fiscais e administrativas dos Orzamentos de 2026 unha emenda que cambia por completo os procesos selectivos do SPIF. Afecta aos procesos extraordinarios da Lei 20/2021 das brigadas de bombeiros/as forestais e tamén ás prazas xa convocadas da OEP 2023. É unha modificación sen aviso, sen negociación e sen...
Luns, 17 Novembro 2025

A CIG centra a campaña do 25N na denuncia contra a violencia institucional

Baixo o lema «Retroceder en dereitos incrementa a violencia. Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade», a Secretaría das Mulleres da CIG acusa ao Goberno do PP na Xunta de Galiza de amparar comportamentos machistas. Este 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Secretaría das Mulleres da CIG lanza unha campaña...