Novas por contido

O 21 de setembro de 2020 publicase na páxina web da Consellaría a apertura do prazo da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

A revisión médica só se pode solicitar electronicamente a través do seguinte enderezo electrónico:

https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación. Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Outras novas recentes

Luns, 11 Mai 2026

Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Medio Rural (xuntanza do 24/04/2026)

O 24 de abril de 2026 fomos convocadas á xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) da Consellaría do Medio Rural, cun atraso de máis de 3 meses. Nela tratamos as actuacións nos laboratorios de sanidade animal; a avaliación da maquinaria e o acordo da mesa de traballo da roupa de Agacal; as deficiencias das oficinas agrarias comarcais; a planificación...
Sábado, 16 Mai 2026

Sr. Rueda, non bote balóns fóra. Esta guerra é contra vostedes!

As competencias a respecto das escolas infantís públicas (etapa educativa de 0 a 3 anos) tenas de xeito exclusivo a Xunta, non o Goberno español, como quere facer crer Rueda e, polo tanto, é a Xunta a que ten na súa man estabelecer en que condicións hai que prestar este servizo público.  Seica as competencias en Educación son do Goberno español! Que morro teñen!! En...
Mércores, 13 Mai 2026

Op. letrados/as. Concurso informática-turismo-inspec.urbanismo-estradas-dominio hidráulico. Acoso-violencias. RPT Atriga e MA-Litoral (me...

A directora xeral de Emprego Público convocounos para unha Mesa Xeral e Mesa Sectorial o venres 15 de maio, e unha Mesa Sectorial o martes 19. Estes son os puntos da orde do día: Convocatoria de proceso selectivo da escala de letrados-A1. Descargar Convocatoria concurso traslados A1-A2 inspección e subinspección urbanística. Descargar Convocatoria concurso...