Novas por contido

1.- Durante o mes de xaneiro está aberto o prazo para cambiar de ámbitos. Lembrade:

• máximo 8 ámbitos.
• ao cubrir a solicitude cubride os ámbitos nos que desexades quedar inscritos.
• Só se poden cambiar os ámbitos nas listas que están en xestión, polo que nas listas de PSXe xerocultor non se pode facer cambio de ámbitos.


2.- Tamén durante o mes de xaneiro está aberto o prazo para que o persoal inscrito nas listas do SPIF faga entrega dos servizos prestados nos concellos.


3.- Coa entrada en vigor dos orzamentos da Xunta para 2022 dende o día 1 de xaneiro:

• a penalización voltou a ser de 6 meses.
• a reanudación de chamamentos volta a ser ao día seguinte a solicitude.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...