Novas por contido

Leva ás mesas de negociación procesos que poden ter os condicionantes da lei de temporalidade, asigna conscientemente prazas erróneas aos distintos sistemas selectivos, e ademais pasa olimpicamente da promoción interna convocándoa sen fase de concurso como se fose unha oposición libre.

Na Comisión de Persoal do 30 de marzo a Xunta aprobou varios procesos selectivos polo sistema de oposición pola quenda de libre das ofertas de emprego de 2019, 2020 e 2021.

Na CIG advertimos que hai prazas das ofertas anteriores que hoxe poderían estar afectadas pola lei de temporalidade e que todas estas convocatorias poden rematar xudicializadas porque hai intereses encontrados e incluso é posible que dentro duns anos aparezan sentenzas de nulidade de ditos procesos, o cal vai ser un problema moi grave.

Un erro de principio

Dende a CIG temos sinalado que ata que non se aporten os datos de todos os postos vacantes indicando as condicións de ocupación non se pode determinar que tipo de sistema de acceso se escolle segundo o que establecen as leis. Nestes momentos coa entrada en vigor da lei de temporalidade que pode afectar a ofertas de emprego anteriores, non se pode avanzar en convocar procesos selectivos sen ver como queda o cadro final.

Función Pública envía unha listaxe de prazas chea de erros nas datas de ocupación

O xoves 24 envían unha listaxe identificando as prazas que se computarían para estas convocatorias nas que, en tan so dous días, atopamos unha morea de erros: algunhas están cubertas por persoal temporal dende antes do 2010 e moitas das datas que se indican na listaxe corresponden a coberturas de baixas, excedencias, adscricións, comisións de servizos etc.. Como os códigos de prazas non se identifican na convocatoria, isto non sería problema se tivesen outras vacantes válidas para cubrir polas persoas aspirantes que superen eses procesos, pero como non garanten nada o caos está servido.

De seguir adiante o único que vai conseguir a Xunta e xudicializar os procesos, aumentar a inseguridade das persoas aspirantes e ver como os tribunais poden tumbar estas convocatorias, incluso anos despois de finalizadas.

Por iso a Xunta debería seguir a literalidade das normas en vigor e determinar que prazas se utilizan para o cómputo segundo que sistemas de acceso, e para iso non pode agora convocar prazas, que aínda que derivadas de ofertas anteriores, podan estar afectadas.

Promoción interna sen fase de concurso

Como se fosen probas de acceso libre e na mesma convocatoria, a Xunta impón nestas convocatorias unha ridicula promoción interna a varios corpos e escalas SEN FASE DE CONCURSO, é dicir, promoción interna mediante oposición pura e dura, excepto no caso da escala de facultativos (especialidade de bibliotecas e museos)

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...