Novas por contido

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de publicar instrucións sobre a comunicación da incapacidade temporal que afecta a persoal docente e non docente de centros públicos de ensino.

Do 1 de abril en diante suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de confirmación ou de alta médica á empresa.

Esta instrución non é aplicable ao persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL.

Polo tanto o persoal non docente e docente do Réxime xeral da Seguridade Social que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería deberá comunicar a situación de incapacidade temporal e a previsible duración desta mediante a páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais, lapela "Comunicación de incapacidade temporal", sen que sexa preciso que se suba á dita páxina ningún parte médico (baixa, confirmación ou alta).

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...