Novas por contido

Na Comisión de Persoal do 17/04/2023 onde se aprobou a RPT de funcionarización do persoal de limpeza e cociña, dende a CIG formulamos as seguintes cuestións:

• Para cando estiman que estean resoltos os procesos selectivos de enxeñeiros agrónomos, de montes, técnicos agrícolas e técnicos forestais que agora están en fase de acreditación de méritos e cal vai ser a orde de prelación entre as distintas escalas?

DXFP: É probable a resolución sexa para despois do verán é en relación á orde, primeiro habería que ver a disposición de postos para ofertar entre outras cousas.

• Promoción interna corpos xerais: seguen sen convocarnos a negociar as bases e xa saíron listaxes de libre e as datas dos primeiros exames.

DXFP: Están rematando moitos procesos pero poden adiantar que nunhas semanas (logo din un par de meses) se vai comezar a negociación bases, sobre todo na PI da OEP 2020 para que non caduque.

• Procesos estabilización: dixeran que tiñan case rematadas as listas provisionais de admitidos duns 50 procesos. Cales son? Que previsións teñen?

DXFP: Darán un cronograma para a semana que vén e se poden mañá avanzan algo.

• RPT do Consorcio e integración.

DXFP: Están pendentes do informe asesoría xurídica. Queren que se publique o antes posible.

• Comunicacións ITs en Educación: facemos constar o inapropiado da instrución. Poñemos por diante que consideramos que as substitucións se deben axilizar e cubrir as IT´s canto antes, pero a vía é tratar de consensuar un protocolo co SERGAS para automatizar o proceso.

Educación: están traballando co CIXTEC para que se poida facer un procedemento sen a intervención das persoas que entran en IT.

A maiores a DXFP tamén comenta que:

• A negociación da RPT de funcionarización do persoal de Medio Rural farase despois da do grupo V e será para o mes de xuño.

• E que se está traballando tamén sobre a RPT de Consumo e sobre procesos selectivos das escalas de Consumo con prazas que non están afectadas pola derogación do decreto da OEP de 2022 e non están afectadas pola estabilización.

 

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...