Novas por contido

Medio Rural prepara unha enquisa que di que é “non vinculante” para tantear ao persoal fixando salarios e funcións e condicionando unha posterior negociación colectiva.

A Consellería do Medio Rural non concreta a proposta xerando confusión e incerteza. Divide ao persoal funcionario, axentes e técnicos, en dúas direccións xerais mudando o sistema e carga de traballo e a estrutura territorial e funcional.

Comezar a casa polo faiado, obviar a negociación colectiva, saltarse as normativa e que o fin xustifique os medios  é xa algo case habitual nesta consellería. Confrontamos esta actitude e rexeitamos unha enquisa que xa sinala condicións laborais e funcións sen terse aberto sequera un proceso de negociación onde se plantexen as bases da división, a carga de traballo ou a distribución territorial. Medio Rural individualiza as negociacións cunha enquisa chea de arbitrariedades e que converte o persoal en persoal a dispor da dirección xeral correspondente (iso si “dacordo coa persoa que vai ser mobilizada porque aquí somos todos amiguiños”).

 

A mobilidade: a dedo?

Sen concurso de traslados dende o 2012, sen procesos selectivos dende o 2013 e cunha alta porcentaxe de persoal interino, agora queren mover ao persoal ao gusto do consumidor e sen concurso. Isto nin e serio nin é legal, e para máis deixanse gardada a posibilidade de mobilidades posteriores ao dispor das direccións xerais.

Se teiman na división, non se pode facer ás bravas, hai que facer un plan de emprego no que se estableza unha provisión dos postos obxectiva e deixarse asignacións a dedo.

 

O salario e as condicións laborais están en cuestión

O salario é importante, e moito. Pero tamén o son as condicións de traballo, a carga de traballo, a distribución funcional e territorial deste e por suposto a organización habitual e de “picos extraordinarios”. E se ten que pór sobre a mesa todo e logo comezar a negociar.

Na enquisa sinalan as condicións laborais porque se respostamos=aceptamos e xa non teñen que discutilas e como, xa imos estar divididas, teremos menos forza, e ademais trae repercusión salarial á baixa pero solo para a metade. A realidade e que con isto cárganse os Acordos de condicións de traballo do persoal axente e técnico.

 

A posición da CIG

A CIG reclamamos a negociación dun Plan de emprego, como se fixo noutros casos de peche ou mobilidade de centros, onde se respecten os dereitos do persoal.

Que retiren a enquisa e se poñan a negociar é a nosa alegación principal, pero se queres achegarnos máis cuestións contacta cos teus delegados/as de referencia ou faino aquí.

Outras novas recentes

Luns, 16 Xuño 2025

Modificación da RPT de Emprego

Antes de comezar queremos salientar que gran parte dos males e agravios que se derivan desta modificación da RPT son froito dunha xestión nefasta por parte da consellería e da DXEP, que tal e como se lles indicou NON TIÑAN QUE TER RETIRADO OS POSTOS DO CONCURSO DE TRASLADOS. Lembramos que se lles fixo notar que en último caso se podía prorrogar en 15 días o prazo para a...
Venres, 20 Xuño 2025

Caótica xestión da Xunta de Galiza na residencia de Taboadela: diñeiro público malgastado e atención precaria

Dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) erguemos a voz unha vez máis para denunciar a situación crítica do Centro de Maiores de Taboadela, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a "actitude irresponsable e despilfarradora" da Xunta de Galiza. A Administración Autonómica mantén a persoal na casa cobrando sen traballar, mentres que nas instalacións...
Mércores, 18 Xuño 2025

A CIG solicita ao Consello de Contas que fiscalice a EGAP

A CIG continúa coas súas actuacións encadradas na campaña «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», pola que denuncia a situación crítica da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), despois de anos dunha xestión opaca, desgaleguizadora e que ignora as necesidades de actualización permanente de todo o persoal pertencente á Administración Xeral da Xunta de Galiza e...