Novas por contido

A Consellería de Medio Rural traslada a sua Oficina Rural (antes oficina agraria comarcal-OAC) do centro de Verín para o Polígono de Pazos afastando o servizo publico da cidadanía, que tampouco ten transporte público

Apenas faltan uns días para o traslado ás novas instalacións dos servizos agrarios comarcais no polígono de Pazos. Esta nova localización da oficina rural non contenta nin a persoal nin a usuarios, que se teñen que trasladar perdendo a proximidade e empeorando o servizo publico esencial que hoxe a vila Verín.

A falta de transporte público cara este polígono complica as tramitacións sinxelas que hoxe se fan directamente, sen cita previa e apenas nunha hora. Como pode ser que as persoas teñan que desprazarse en taxi para solicitar un carné de aplicación de fitosanitarios, volver a Verín para pagar as taxas e logo ir por segunda vez a oficina rural do polígono? Outras tramitacións como dar de alta un galiñeiro, solicitar un permiso de corta ou queima, calquera trámite relacionado co viñedo, etc, vaise complicar de xeito insostible para a cidadanía.

O portelo da Xunta en Verían, a oficina agraria comarcal da Alameda funciona na práctica de rexistro xeral da Xunta, e as persoas que necesitan facer calquera trámite coa Xunta de Galiza acoden a estas oficinas, polo que non só se trasladan os servizos agrarios senón que Verín queda sen a súa oficina pública de rexistro.

Perde o servizo público e gañan as xestorías privadas co custe engadido para o/a administrado/a. Esa é a realidade dun futuro próximo. E non valen as campañas de propaganda do conselleiro de Medio Rural que mentres vende oficinas móbiles traslada as oficinas tradicionais ben situadas e con implantación social a un polígono industrial sen accesos e sen servizos públicos.

Asi se a todo isto sumámoslle a obriga acelerada de administración dixital que implanta esta consellería nos trámites do rural, as oficinas agrarias teñen os días contados, e este traslado é o primeiro paso para o seu desmantelamento.

Na CIG opoñémonos ao traslado desta oficina e solicitamos unha volta ao sentidiño da Consellería do Medio Rural, deixando a oficina onde está, na Alameda de Verín (Praza de García Barbón), e que ademais se promova a atención directa ás persoas usuarias, que son na maior parte das veces persoas de idade avanzada con menor acceso as tecnoloxías e a mobilidade.

Outras novas recentes

Mércores, 02 Xullo 2025

Xerencia do Consorcio: deus críaos e o PP xúntaos!

O xerente non xestiona e a xerenta adxunta para escolas infantís non resolve pero ameazaO 6 de marzo de 2025, o persoal do Consorcio pasou a ser persoal da Consellaría de Política Social da Xunta de Galiza. Nas nosas nóminas xa non aparece o NIF do Consorcio. Pero é o único cambio que se percibe porque a xestión por parte do Consorcio segue a ser nefasta e seguimos a...
Venres, 04 Xullo 2025

Proceso selectivo AP-RRNN e forestais. E información de concursos, procesos selectivos, centros ensino, etc. (na CP 04/07/25)

Asistimos á Comisión de Persoal do venres 4 de xullo, onde quedou aprobada a convocatoria do proceso selectivo para a agrupación profesional de recursos naturais e forestais. A CIG demandou que a convocatoria fose por concurso-oposición, e que exista promoción interna horizontal que permita un cambio de escala dende outras de agrupación profesional. Ante a negativa da...
Xoves, 03 Xullo 2025

Listas de substitucións definitivas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

No DOG do 03/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas e especialidades da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza do Servizo de Prevención e...