Novas por contido

O xerente non xestiona e a xerenta adxunta para escolas infantís non resolve pero ameaza

O 6 de marzo de 2025, o persoal do Consorcio pasou a ser persoal da Consellaría de Política Social da Xunta de Galiza. Nas nosas nóminas xa non aparece o NIF do Consorcio. Pero é o único cambio que se percibe porque a xestión por parte do Consorcio segue a ser nefasta e seguimos a sufrila.

O contactar co Consorcio nunca foi doado pero, dende hai uns meses, é  misión imposíbel. O departamento de persoal, con poucos efectivos para o volume de traballo e persoal que ten que xestionar, non está para as traballadoras e traballadores nin para as persoas delegadas.

Os principais problemas de xestión co que se atopa o persoal traballador son:

1. Non contestan coas Resolucións pertinentes á solicitude de permisos parentáis ou á solicitude de mes sen salario para atender á conciliación (pedidos dende maio e que terían que ter comezado no día de onte)

2. Cando se lles dí que o sentido do silencio administrativo sobre os permisos de conciliación é positivo (incluso llo indican dende a Consellaría de Política Social), ameazan con expedientar ao persoal se fai uso do dereito.

3. Dende a Xerencia Adxunta para Escolas Infantís, chámase  por teléfono ás direccións dos centros con ameazas de expedientar ao persoal que exerza o seu dereito e indicándolles que son as propias direccións as que teñen que denegar e trasladar a ameaza  ao persoal. Estas indicacións, a falta das Resolucións que ten que emitir a Xerencia, non se lle dan ás directoras/es por escrito, senón vía telefónica e con faltas de respecto, berros e insultos.

4. Non cobren as ausencias por IT, vacacións e outros permisos en moitos centros o que obriga a modificar horarios do persoal para apertura e peche dos centros, co que condena ás traballadoras a non poder conciliar a súa vida laboral e familiar en pleno mes de xullo (coas fillas e fillos de vacacións escolares). Da mala xestión, falta de transparencia das listas de substitución e incumprimento das propias normas das que se dotaron, mellor nin falar...

5. Tampouco contestan á solicitude de medidas  polo incumprimento da Lei de Prevención deRiscos Laborais en materia de prevención, por mor da vaga de calor extremo que afecta a moitos centros que carecen de sistemas de climatización (que non só afecta aos cadros de persoal senón a persoas usuarias vulnerables, como crianzas e maiores)

Como é posible que se manteñan nos seus cargos a persoas que, manifestamente, demostraron a súa incompetencia e falta  de respecto polo persoal?

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...