Novas por contido

A Consellería do Medio Rural enviounos a comunicación seguinte:

No día de hoxe remitíronse a Xestión de listas as prazas que se indican no ficheiro anexo.

En relación coas prazas das brigadas helitransportadas que teñen como requisito indispensable a proba física pack test indicarvos o seguinte:

  • As citacións teñen carácter voluntario, toda vez que os postos son de persoal funcionario e a lista de persoal laboral e por outro lado os postos teñen un requisito imprescindible.
  • Co fin de facilitar á Xestión das listas e non causarlle prexuízos as persoas que están ocupando postos non vacantes ou doutra categoría, acordouse convocar á totalidade das persoas que están incluídas na citación e teñen posibilidades de que lle sexa asignada unha praza   á realización da proba física pack test que se realizará no lugar, data e hora que se indican:
    • Data: 11 de xullo de 2023
    • Hora: 10:00 horas
    • Lugar: Pistas de atletismo do Campus Vida da Universidade de Santiago Compostela
  • As persoas interesadas na aceptación do posto, con carácter previo á realización da proba física deben achegar un certificado médico de que acredite que están en condicións de realizar probas de esforzó físico.
  • As persoas que non estean interesadas na aceptación do posto ou que se presente á proba física e non a superen non deben xestionar a citación recibida.
  • Así mesmo, no día de hoxe mandouselle un SMS e unha notificación electrónica, coa información indicada anteriormente, á totalidade das persoas incluídas na citación.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...