Novas por contido

A inspección de Traballo e Seguridade Social de Vigo levanta acta de liquidación contra Política Social por non cotizar polas diferenzas salariais de dous anos de atrasos dun traballador

O persoal empregado público da Consellaría de Política Social en situación similar ten que denunciar diante da Inspección de Traballo e Seguridade Social o cumprimento da normativa sobre cotización e liquidación de dereitos da Seguridade Social.

Aqueles traballadores e traballadoras que perciben diferencias retributivas, referidas a un período determinado, ven como Política Social non regulariza as bases de cotización e a liquidación para cada un dos meses nos que se devengou o dereito, senón que acumula todas as cotizacións nun só mes, aínda que eses atrasos superen a base máxima de cotización.

Esta diferencia que supere a base máxima de cotización non é cotizada nin liquidada, producindo un fraude no ingreso de cotas e un claro prexuízo para o traballador/a nas súas bases de cotización que serán inferiores ás reais por non comprender os importes que superen a base máxima dese mes e para ese grupo de cotización.

A normativa da Seguridade Social sobre a cotización e a liquidación, regulada polos art. 18, 141, 142, 144, 145, 146 e 147 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2105, establece que a “base de cotización para todas as continxencias e situacións amparadas pola acción protectora do Réxime Xeral, incluídas as de accidente de traballo e enfermidade profesional, estará constituída pola remuneración total, calquera que sexa a súa forma ou denominación, tanto en metálico coma en especie, que con carácter mensual teña dereito a percibir o traballador ou asimilado, ou a que efectivamente perciba de ser esta superior, por razón do traballo que desenvolva por conta allea.”

Así, naqueles supostos de abono de salarios con carácter retroactivo, as cotizacións efectuaranse mediante a correspondente liquidación complementaria e, a este fin, tomaranse as bases, topes, tipos e condición vixentes nos meses a que eses salarios correspondan.

Esta acta de de liquidación obriga a Política Social á cotización e ao pago de cotas, tanto por continxencias comúns como por accidentes e enfermidades profesionais, tanto a cota empresarial coma a do traballador, deses dous anos de diferenzas salariais, ademais dun recargo do 20% sobre as cotas debidas.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...