Novas por contido

A CIG gañou o conflito colectivo ante o TSXG, que declara nula a cláusula contractual na que se suspendía o contrato ao persoal substituto nos períodos vacacionais no que pechan as escolas infantís

Nas Escolas Infantís da rede pública de cero a tres anos, a administración galega castigaba ao persoal substituto ao deixalo sen cotizar, sen cobrar e sen acceso á prestación por desemprego durante o período vacacional, na que lles suspendían o contrato aínda que as persoas traballaran todo o ano.

A xeneralización desta cláusula inxusta nos contratos de traballo por parte da Consellería de Política Social xeraba graves prexuízos para o persoal afectado.

No mes de marzo, a CIG xa gañara o mesmo conflito ante o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A cláusula anulada establecía o seguinte:

“As vacacións anuais serán de (__) proporcionais ao tempo traballado segundo o convenio. En calquera caso, e en aplicación do estabelecido no artigo 45.1 b) do Estatuto dos Traballadores e das Traballadoras, durante o período de pechamento da Escola Infantil o presente contrato ficará suspendido, ficando exoneradas as partes contratantes das súas obrigas recíprocas de traballar e remunerar o traballo durante tal período. “

En días previos ao xuízo, á Xunta de Galiza achegou ao proceso 4 certificados das delegacións provinciais ás que está adscrita a Axencia Galega de Servizos Sociais (AGSS), acreditativos de que a Administración acordara non introducir a cláusula de suspensión de contratos a partires do mes de marzo do 2023, data na que adquiriu firmeza a sentenza contra o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar gañada pola CIG.

O día da vista oral a letrada da Xunta de Galiza pretendeu que o Tribunal rematara o proceso xudicial sen xulgar o fondo do asunto. Para iso aducía que, como dende marzo a Xunta fixera compromiso de non introducir a cláusula nos contratos do persoal interino, o preito xa non tería obxecto.

O que pretendía a Xunta era non ter unha nova sentenza en contra e quedar libres para poder facer uso da cláusula nun futuro.

O TSXG non caeu na trampa e, atendendo aos argumentos da CIG, ditaminou nula a cláusula para o persoal da AGSS.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...